Fayçal, contento após a chamada de Marrocos

O deportivista Fayçal Fajr está feliz e eufórico trala primeira convocatória da súa vida com Marrocos.

Fayçal é um home fundamental pra Víctor. Foi titular em tódolas partidas e, após Lux e Sidnei, é o xogador que gozou de máis minutos. Agora tem o premio da seleccióm.

Costa Rica pasa a cuartos de final, mais Canadá quedou eliminada

Corea-del-Sur-Costa-Rica-resultadoDous deportivistas, Celso Borges e Sam Piette, reencontráronse esta pasada madrugada en Toronto (Canadá), no terceiro partido da Primeira Fase da Copa de Ouro da CONCACAF. Houbo empate (0-0), que clasifica a Costa Rica de Borges a cuartos de final. Canadá queda eliminada.

Borges xogou de titular 67 minutos, mentres que Piette non chegou a saltar ao terreo de xogo.

Os resultados de Costa Rica foron os seguintes:

COSTA RICA 2 – 2 XAMAICA
COSTA RICA 1 – 1 O SALVADOR
CANADÁ 0 – 0 COSTA RICA

O mediocampista branquiazul disputará os cuartos de final o vindeiro domingo 19 de xullo.

Pola súa banda, Canadá tivo estes resultados con Sam Piette:

O SALVADOR 0 – 0 CANADÁ
XAMAICA 1 – 0 CANADÁ
CANADÁ 0 – 0 COSTA RICA

Sam Piette comeza xa as súas vacacións de verán.

Celso Borges e Samuel Piette, titulares á noite na Copa Ouro

EEUU_FÚTBOL_COPA_ORO(4)Os dous futbolistas arrincaron os seus partidos dende o inicio e non pasaron do empate na primeira xornada de competición.

Mentres o plantel herculino inicia o seu pretempada, tanto Celso Borges coma Samuel Piette aínda non remataron o curso futbolístico anterior. Os dous atópanse en plena competición coas súas respectivas seleccións e é que na madrugada da cuarta feira comezou a chamada Copa Ouro. Trátase dun torneo organizado cada 2 anos pola CONCACAF entre combinados nacionais desta confederación.

Esta noite estreáronse tanto o costarriqueño coma o xogador do Fabril e é que Costa Rica e Canadá atópanse no mesmo grupo polo que os dous deportivistas deberán verse as caras a semana que vén.

Agora ben, nesta primeira xornada os costarriqueños enfrontáronse a Xamaica nun encontro que finalizou 2-2. Celso Borges foi titular e xogou os 90 minutos nun mal partido dos de Paulo Wanchope. Os costarriqueños comezaron perdendo por un, mais lograron remontar e pórse 2-1. Porén, ao pouco de comezar a segunda parte, os xamaicanos fixeron o empate final. No apartado individual, o futbolista herculino fixo un bo partido e é que das súas botas naceu o segundo gol da tricolor e terminou cun 91% de acerto nun total de 43 pases intentados.

tarjeta-amarilla-el-arbitro-amonesta-1_315x177Doutra banda, a Canadá de Samuel Piette empatou a cero ante O Salvador. O mediocampista do Fabril foi titular, mais foi substituído no minuto 82. O herculino viu unha amarela e lamentouse da clarísima ocasión perdoada por Cyle Larin pra darlle a vitoria e o liderado do grupo aos seus. Tanto o xogador do filial branquiazul, como o centrocampista costarriqueño terán vacacións adicionais antes de reincorporarse aos adestramentos do Dépor co fin de poder recuperarse destes encontros internacionais.

Leo Messi acabou chorando pola derrota

CJG2neCUcAADn8ZTódalas finais que gaña co Barça, pérdeas con Arxentina. Leo Messi non o puido evitar. Mollou de bágoas a camisola arxentina. Volveu sufrir o lado máis amargo do fútbol co seu país. A Copa América escapouse como se esfumou o Mundial de fai un ano. Esta vez foi peor. Non houbo gol alleo na prórroga, ocorreu nos penaltis. Pena máxima.

Leo Messi cumpriu nos penaltis, mais os erros de Higuaín e Banega condenáronlle a outro desgusto. El foi o único arxentino que bateu a Claudio Bravo dende os 11 metros. Non sabe se algún día se quitará tantas espiñas. É a súa terceira final perdida con Arxentina, 2 Copas América (a deste sábado e a de 2007) e o Mundial de Brasil 2014.

Onde estaba Leo?
Os críticos que sempre lle agardan volverán sinalarlle. Coma na final de Río, Leo case non apareceu en Santiago. Meteu o penalti e pouco máis. Buscóuselle durante toda a noite. O plan de Sampaoli resultou. Colocáronlle a un Pitbull perseguíndolle e a todo un exército. Chile detivo a Messi xogando ao límite. Ata se levou unha patada no peito de Medel. Leo só sufriu.

Un só gol en todo o torneo
Non foi a Copa América de Messi. E non só pola final. Un só gol, o de penalti a Paraguay no primeiro partido da fase de grupos, foi a súa única pegada na portería. Pouco, moi pouco, pra el, que non pelexa contra os demais senón contra a historia.

As alegrías que ten co Barcelona son desgrazas con Arxentina. Co seu país só gañou o Mundial sub-20 de 2005 e o ouro dos Xogos Olímpicos de Pekín 2008. A Copa América e o Mundial tocouna cos dedos pra despois chorar desoladamente. Con 28 anos agarda ter outra oportunidade. A definitiva.

Chile gañou a súa primeira Copa América

CHILE 0-0 ARXENTINA (4-1 nos penaltis)

Chile gañou a súa primeira Copa América tras derrotar nos penaltis a Arxentina, e alonga a maldición de Arxentina. O partido en si foi tenso e con poucas ocasións. Xa na serie decisiva, os erros de Higuaín e Banega e un singular ‘Panenka’ de Alexis desataron a tolemia no Estadio Nacional de Santiago.

161Non hai nada máis fermoso nesta vida que soñar esperto. Os chilenos descubrírono ao final tras moitas décadas de amargores e desgustos. “La Roja” era unha selección con certo prestixio internacional mais faltáballe esa lombeirada definitiva que só dá un título.

A Copa América de 2015 presentábase como a ocasión ideal pra acabar con esa nefasta seca, pero poucos prevían un desenlace tan novelesco, pola entidade do rival e a carga emocional que levan consigo sempre os penaltis.

No outro lado quedou Arxentina, maldicindo unha vez máis a súa sorte nas finais. É a terceira que perde nos últimos 8 anos, alongando así a súa seca de títulos, que se estira coma unha goma de mascar dende 1993.

O partido en si foi pouco vistoso, entroncando cun campionato que non destacou precisamente polo seu brillo futbolístico. Chile e Arxentina repartíronse o dominio e as escasas ocasións, propiciando dende o principio un final a cara ou cruz que non parecía desgustar a ningún dos contendentes.

A primeira parte foi bastante entretida. Cos medos atávicos aínda na recámara e as pernas e as ideas frescas, os dous equipos amosaron por momentos os seus mellores argumentos, aínda que non se traduciron en demasiadas ocasións.

Vidal non puido sorprender de volea a Romero tras un mal despexe de Otamendi e o Kun non logrou bater a Bravo tras unha falta botada por Messi que o dianteiro do City cabeceou a queimarroupa e no primeiro pau.

O porteiro do Barça tivo que volver a escena co tempo regulamentario xa cumprido, pra despexar un remate potente mais centrado de Lavezzi tras unha excelente xogada de Pastore.

O descanso pillou aos dous equipos con importantes feridas de guerra. Chile tiña aos seus 3 centrais amoestados e Arxentina perdera polo camiño ao explosivo e desequilibrante Di María por unha das súas recorrentes lesións musculares.

A segunda parte, como era previsíbel, estivo marcada polo medo á derrota, así que o encontro sufriu un preocupante baixón futbolístico, entre outras cousas porque as estrelas, os que marcan diferenzas, non aparecían ou o facían de forma moi esporádica.

Houbo que agardar aos minutos finais, que de forma inopinada convertéronse nun feixe de ocasións e emocións desatadas.

Alexis puido marcar de preciosa volea tras un gran pase de Aránguiz, 10 minutos antes de que Higuaín se topara co lateral da rede tras unha contra conducida por Messi que Lavezzi alongou cun pase case milimétrico. Xogábanse xa os minutos de alongamento así que imaxínense a magnitude do susto vivido no Nacional de Santiago.

Nesa recta final, e merece a pena deixar constancia, o colombiano Wilmar Roldán non quixo amosar unha segunda amarela de libro a Marcos Rojo, á vez que deixaba de sinalar un clamoroso penalti no área chilena por un agarrón do ‘Gato’ Silva ao propio Marcos Rojo. O comesto polo servido, xa saben.

A prórroga trouxo moi poucas novas, así que os penaltis parecían inevitábeis dende moito antes que o colexiado ‘cafeteiro’ sinalase o final.

As series de penaltis son sempre unha lotería, así que non é de recibo cargar as tintas contra Higuaín e Banega, aínda que o certo é que os seus lanzamentos foron máis que deficientes, sobre todo no caso do ‘9’ do Nápoles.

Chile en cambio non fallou nada dende os 11 metros, reservando a gloria pra un irregular Alexis Sánchez que se marcou unha especie de ‘Panenka’ á hora de anotar a pena máxima definitiva.

“La Roja” berrou coma nunca e con ela, todo un país que soñaba dende sempre cun momento como este. Parabéns.

Ivan Cavaleiro xogará a final da Eurocopa sub-21

ivan cavaleiro portugalO atacante anotou un dos cinco goles cos que Portugal goleou a Alemaña en semifinais.

A apenas 2 días de finalizar o seu contrato de cesión no Deportivo, Ivan Cavaleiro coouse na final da Eurocopa sub-21 cunha Portugal que é a gran favorita pra levantar o título ante Suecia a vindeira terza feira (30 de xuño).

O mozo atacante, que coa súa selección vén actuando como segundo dianteiro e caendo continuamente ás bandas, foi titular en 3 dos 4 partidos disputados -só se quedou sen xogar no 0-0 ante Italia da fase de grupos-.

Ata o momento, o lisboeta só anotou 1 tanto: en semifinais contra Alemaña cunha potente dereita dende dentro da área que se coou pola escuadra da portería defendida por Ter Stegen. Liderados polo seu gran centro do campo, os lusos superaron con claridade aos xermanos e golearon por 5-0.