Murray-Federer e Djokovic-Gasquet, semifinais en Wimbledon

O cadro masculino coñeceu onte os seus semifinalistas. Richard Gasquet deu a gran sorpresa eliminando o cabeza de serie número 4, Wawrinka. Os outros 3 favoritos si que pasaron: Djokovic, que se vai enfrontar co francés, eliminou a Cilic. Pola outra parte do cadro citáronse Roger Federer, que non lle deu opcións a Gilles Simon, e Andy Murray, que eliminou a Pospisil.

Rafa Nadal xa quedou fóra en Wimbledon

fóraRafa Nadal, dúas veces gañador do Wimbledon, quedou antonte eliminado do torneo británico.

Un irrecoñecíbel Rafa Nadal viuse sorprendido polo xogo do xermano Dustin Brown, número 102 da clasificación, aínda que Rafa Nadal non xogaba tan mal dende fai moito tempo, se non se conta o que leva feito este ano. Dustin Brown foi moi efectivo nas subidas á rede e acabou impondo o seu estilo pra levarse o triunfo na pista central en 4 sets (7-5, 3-6, 6-4 e 6-4) tras 2 horas e media de xogo. A forza de Dustin Brown, experto en superficie de herba, topou cun Rafa Nadal descentrado, que recoñeceu ao final do partido que vai buscar a motivación que lle falta pra seguir competindo cos mellores do mundo.

Igual que acontecera en 2012, Rafa Nadal queda apeado de Wimbledon na 2ª rolda, aínda que aquela vez acabara lesionándose. Nadal tenta dixerir esta dura e inesperada derrota do mellor xeito posíbel.