Outro ‘profesional’ galego

O ciclista corunhés Daniel López, de 21 anos, ficha prá vindeira tempada polo Burgos BH, com licenza Continental, após 2 brilhantes campanhas no Caja Rural navarro.

Trala fichaxe de Delio Fernández polo Marsella-Provence, outra boa nova pró ciclismo galego. O sprinter corunhés Daniel López Parada, de 21 anos, dá o salto ó ciclismo profesional e correrá a vindeira tempada no Burgos BH, com licenza Continental. Dani López comezou a súa carreira no Club Ciclista Cambre-Caeiro, onde acadou os seus primeiros éxitos xa em categorías inferiores e co que disputou a súa primeira tempada como sub-23.

A fichaxe polo Burgos BH do director Julio Izquierdo, chega após dúas brilhantes campanhas no Caja Rural-Seguros RGA navarro. O corunhés, um dos máis rápidos do pelotóm afeccionado, acadou ata 5 vitorias no 2015, repartidas por toda a tempada. Así, ganhou em Zumaia em febreiro na primeira proba do torneo Euskaldun. Em xunho ganhou ó sprint a quinta edición do Memorial Sagasti de Mungia e em xulho a cuarta e derradeira etapa da Vuelta a Zamora.

Xa em agosto, Dani López venceu no Gran Premio Cidade de Vigo, repetindo o triunfo acadado no 2013 cando aínda militaba no Cambre-Caeiro, e em setembro a primeira etapa da Vuelta a Cantabria. O ano pasado, o ciclista corunhés proclamárase campión galego de estrada en Baiona. A vindeira tempada, tentará acadar a súa primeira vitoria como ciclista profesional.