O Deportivo empata co Atlético

 O Dépor empata 1-1 co Atlético de Madrid após regala-lo primeiro tempo e reaccionar no segundo.

Fayçal Fajr tivo a vitoria num remate á cruzeta no minuto 88. Os de Víctor suman 3 empates e 1 derrota nas últimas 4 xornadas.

[Imaxe: RCDC] Lucas Pérez

Ficha técnica:
Deportivo 1:
Lux; Laure (Juanfran, 75’), Lopo, Sidnei, Navarro; Mosquera, Celso Borges; Fede Cartabia, Fayçal Fajr, Jonás Gutiérrez (Luis Alberto, 69) e Lucas Pérez.
Atlético de Madrid 1: Oblak; Juanfran, Giménez, Godín, Luis Filipe; Koke, Gabi, Tiago (Fernando Torres, 81’), Yannick Carrasco (Correa, 61’); Griezmann e Jackson Martínez (Saúl Ñíguez, 72’).
Goles: 0-1: Tiago (minuto 34). 1-1: Lucas Pérez minuto 77).
Árbitro: Pérez Montero (andaluz). Amosou cartóns amarelos ós deportivistas Fayçal Fajr (min. 15) e Fede (min. 90).
Incidencias: partido da 10ª xornada de Liga no estadio de Riazor perante 24.608 espectadores.

Um tempo pra cada equipa, como resume o tópico. Temoroso do potencial do visitante, o Dépor regalou o primeiro tempo ó rival. Cedeu metros e deixoulhe a iniciativa ó Atleti, que marcou o 0-1 e puido fazer polo menos outro nums minutos nos que o Dépor estivo desaparecido. Reaccionaron os de Víctor tralo descanso, sobre todo da mam dun Fede incisivo pola banda dereita. A loita e a calidade de Lucas Pérez rescataron um merecido punto pró Dépor, que a piques estivo de suma-los tres num disparo de Fayçal Fajr á cruzeta. Ó remate, 1-1 e terceiro empate, amais dumha derrota, nas 4 últimas xornadas.

Entrou Albert Lopo no centro da defensa, e sorprendeu Víctor coa estrea de Jonás Gutiérrez na esquerda. O Dépor cedeu a posesión ó rival e tentou buscar com balóms longos a rapidez de Lucas Pérez, mais o dianteiro corunhés estivo moi só en punta, e incluso nalgumha ocasión recriminou a falta de apoio ós seus companheiros. Ese era o plan de Víctor, agardar en campo propio. Os colchoeiros nom renunciaron a pelota mais tardaron en atopar espazos na ordenada defensa deportivista. Amais, o brasileiro Sidnei estivo rápido pra adiantarse num par de pelotas que lhe chegaron a Jackson, e o único disparo do colombiano na primeira media hora saíu moi desviado.

O Dépor nom sufría, mais arriscaba demasiado tan pechado no seu campo, xa que corría o risco de que lhe metesen um gol. Iso foi o que pasou: a falta de 11 minutos pró descanso, Tiago aproveitou um mal despexe da defensa local pra rematar axustado ó pau, imparábel pra Lux. Os de Víctor acusaron o golpe, e o Atlético puido sentenciar antes do descanso num remate coa testa de Godín, que estaba só na área pequena, e foi ó pau e o posterior rexeitamento de Griezmann que disparou ó corpo de Lux.

Tralo paso polos vestiarios, o Dépor saíu ambicioso a polo empate e o Atlético deu varios pasos atrás pra conserva-la renda. Foi protagonista o arxentino Fede Cartabia, moi activo dende a dereita, que probou a Oblak con 2 lançamentos xa antes do minuto 60. Aínda así, o Atleti semellaba cómodo, agardando coma sempre cando ten vantaxe en campo propio. Víctor buscou troca-la dinámica nas bandas con Luis Alberto e Juanfran, mentres que o Cholo Simeone deu descanso a Jackson e Carrasco.

Foi no minuto 77 cando chegou o empate, cando Lucas Pérez aproveitou a relaxacióm de Giménez pra roubarlhe a pelota na área, canear ó meta rival e marcar con sangue frío o empate. Fayçal Fajr estivo a piques de faze-lo segundo cum disparo dende o bordo da área que petou na cruzeta no minuto 88, mais o partido rematou co 1-1 no marcador. O Dépor suma 14 puntos, e a vindeira cita será en Valencia co Levante. Despois, umha semana de descanso antes do derbi.

Advertisements

En que equipo de Primeira xogará Borja Bastón?

_borja_dc16a173O Atlético de Madrid búscalle unha saída a Borja Bastón. Aos seus 22 anos, o dianteiro vén de facer a súa mellor tempada dende que saltou ao fútbol profesional (segundo máximo goleador de Segunda división con 23 goles en 39 partidos). Esta tempada xogou no Real Zaragoza, cedido polo Atlético de Madrid, despois de que o Deportivo, aínda que se podía quedar con el 1 ano máis, non o quixera. Ten contrato cos colchoeiros ata 2017, e o Atlético ten que tomar unha decisión sobre o seu futuro.

A idea da entidade pasa por ceder ao futbolista a un equipo de Primeira. Probar o seu nivel na elite pra comprobar se está preparado pra pórse a camiseta do Atlético de Madrid agora que fixo un gran ano no Real Zaragoza.

A cesión, en todo caso, non é a única opción que se baralla. Borja podería saír traspasado, mais sempre con opción de recompra por parte dun Atlético que, lembremos, non quere perder de vista a un xogador que foi durante moitos anos a gran esperanza da canteira. As lesións, 2 de gravidade, cortaron a progresión dun dianteiro chamado a marcar unha época no Atlético.

Recuperado o nivel, os do Manzanares queren verlle en Primeira división. Nun equipo, ademais, no que poida dispor de moitos minutos. Por iso, agora agardan que cheguen ofertas pra decidir o equipo no que xogará Borja Bastón a vindeira tempada. Sábese que o Getafe ten interese en conseguir a súa cesión.