Plantel do Dépor 2015-2016

PORTEIROS

  • Fabricio
  • Lux
  • Manu

DEFENSAS

  • Laure
  • Manuel Pablo
  • Juanfran
  • Arribas
  • Lopo
  • Sidnei
  • Luisinho
  • Fernando Navarro
  • Saúl

MEDIOCAMPISTAS

  • Pedro Mosquera
  • Álex Bergantiños
  • Celso Borges
  • Juan Domínguez
  • Medunjanin
  • Cani
  • Fede
  • Jonas
  • Fayçal Fajr
  • Luis Alberto
  • Lucas Pérez

DIANTEIROS

  • Jonathan Rodríguez
  • Oriol Riera

Cláusula no contrato de Sidnei

Ao parecer, cando o Benfica vendeu a Sidnei; fixo incluír no seu contrato unha cláusula, pola cal o Dépor ten que vender a Sidnei se chega unha oferta por el de 4 millóns de euros ou máis. Iso é o que din periodistas fiábeis próximos ó Deportivo.

Cambiando de tema, o Dépor ten o 25% dos dereitos económicos deste xogador.

A encrucillada de Haris Medunjanin

Tras unha pretempada que, tal e como recoñeceron os propios xogadores, fíxose demasiado longa, o Deportivo estrearase hoxe en competición oficial, polo que Víctor deu onte a coñecer a súa primeira convocatoria da tempada. Nesa lista non había sorpresas debido ás numerosas baixas xa coñecidas de antemán, mais a posterior comparecencia do adestrador branquiazul en sala de prensa fixo que cobrase especial relevancia o nome dun dos ausentes, Haris Medunjanin.

O centrocampista bosníaco arrastra un partido de sanción por acumulación de amarelas trala amoestación recibida durante o transcurso do último partido da pasada tempada, algo que o convertía en baixa segura pró primeiro partido desta campaña. Porén, o adestrador branquiazul revelou que a súa ausencia non só era por sanción, se non que se trataba tamén dunha decisión técnica, o que parece deixar entrever que de tódolos xogadores do plantel que poden desenvolverse no posto de mediocampista, Medunjanin é, a día de hoxe, a última opción que baralla o técnico madrileño pra cubrir esa demarcación.

Fai un ano, a fichaxe de Haris Medunjanin (un dos poucos que chegou en propiedade) foi dos que máis ilusión espertou entre os seareiros branquiazuis, ao tratarse dun xogador en cuxa carta de presentación destacaba o seu bo trato de balón, a súa visión de xogo e un gran golpeo a balón parado. Porén, non foi capaz de facer gala desas calidades, e malia comezar a tempada sendo un fixo nas aliñacións, aos poucos foi perdendo protagonismo e, tanto con Víctor Fernández primeiro, como con Víctor Sánchez do Amo despois, apenas contou con minutos durante a segunda volta do campionato.

Esta tempada a competencia na medular aumentou coa incorporación de xogadores como Pedro Mosquera e Fayçal Fajr, o que diminúe as opcións de que o internacional bosníaco dispoña de oportunidades. Durante a pretempada, o centrocampista foi cuestionado sobre a posibilidade de que se chegase a producir esta situación, e non quixo descartar unha saída. “Quédanme 2 anos máis de contrato, mais temos ata o 31 de agosto de mercado e imos ver”, indicou.

Todo iso nunha tempada que terá como colofón a disputa da Eurocopa o próximo verán, un torneo no que o centrocampista bosníaco quere estar presente e pró que considera imprescindíbel o dispor de minutos. “Pra min é importante xogar. Teño posibilidades de ir con Bosnia á Eurocopa, e se acó non xogo, vou perde-lo meu posto en Bosnia”, manifestou.

Estas circunstancias, sumadas ao devandito polo técnico deportivista na conferencia de prensa de onte, poden provocar que Medunjanin baralle a posibilidade de buscar unha saída coa fin de atopar un equipo no que dispoña dos minutos e a continuidade necesarios para seguir sendo convocado pola súa selección.

Pablo Insua, cedido ao Leganés

insuaO Real Club Deportivo da Coruña e o Club Deportivo Leganés asinaron un acordo prá cesión de Pablo Insua. Tal e como anunciaron os dous equipos esta mañá, o central xogará esta tempada en Segunda División.

A finais do mes pasado transcendeu na prensa que o Sporting de Xixón estaba interesado na incorporación do central galego, mais finalmente non se concretou, xa que o Deportivo non quería que Pablo Insua xogase non equipo que loitase pola permanencia. Tamén se dixo que podía ir pró Lugo, mais esa opción quedou descartada, xa que ao Lugo non lle fan falla máis centrais porque xa ten 4 centrais, e teñen a Dealbert, unha fichaxe que acaban de facer fai uns días, e que era un central moi bo, que incluso xogou Europa co Valencia. Agora non creo que siga sendo tan bo, e mais tendo en conta que vén de xogar en Rusia e nos Emiratos Árabes Unidos, mais en Segunda tería que ir sobrado, coma Marchena cando xogou co Deportivo en Segunda; o que faría que Pablo Insua tivese competencia e que non tivera os minutos asegurados, cousa que no Leganés non lle vai pasar, ademais ese equipo tiña ata agora 3 centrais.

Agora, sen filtracións, a entidade fai oficial a súa cesión ao conxunto madrileño, que parece que este ano está facendo un equipo moi competitivo prá División de Prata. Guillermo, Ruiz de Galarreta e Bustinza (Athletic Club), Sastre e Omar (Valladolid) ou o brasileiro Appelt Pires (Juventus) son algunhas das altas máis importantes do conxunto que dirixe Asier Garitano.

Pablo Insua é a última destas incorporacións. A pasada campaña o de Arzúa disputou un total de 17 encontros ligueiros, 14 deles de inicio, no que recibiu 6 cartóns. Foi en Segunda, o anterior curso, onde Pablo Insua se destapou como un central de nivel. 39 partidos, todos de titular, e sinalado como un dos mellores defensores da categoría, o futbolista que por aquel entón só sumaba 19 primaveras chamou a atención do mundo do fútbol. Anteriormente, na 2012- 2013, e con Oltra aínda de adestrador, estreouse en Primeira xogando 3 partidos e un total de 191 minutos. O Deportivo, temendo que o central se puidese estancar logo dun ano sen confianza en Primeira, mándao de volta á categoría na que despuntou.

Resultados da pretempada do Deportivo

Xa rematou a pretempada do Deportivo da Coruña e os seus resultados foron estes (goleadores do Deportivo entre parénteses) :


Memorial Antonio Meirás : Silva 0-3 Deportivo (Cardoso, Dani Iglesias e Róber)

Racing de Ferrol 1-3 Deportivo (Arribas, Luis Fernández e Teles)

Vilalbés 0-3 Deportivo (Róber, Luis Fernández e Blas)

Ponferradina 0-1 Deportivo (Luis Alberto)

Emma Cuervo : Lugo 1-0 Deportivo

Huddersfield 0-0 Deportivo

Swansea 0-0 Deportivo

Real Oviedo 2-1 Deportivo (Juan Domínguez)

Teresa Herrera : Deportivo 1-0 Sporting de Braga (Fede)

Galiza de Mugardos 0-4 Deportivo (Fayçal Fajr, Cani, Sidnei e Luisinho)


O Deportivo tivo, nesta pretempada; 6 vitorias, 2 empates e 2 partidos perdidos. As vitorias foron contra 3 equipos de Terceira, 1 de Segunda B, 1 de Segunda e 1 de Primeira portuguesa. Os empates foron cuns equipos da Segunda e Primeira de Reino Unido. Os partidos perdidos foron con 2 equipos de Segunda.

O Deportivo tivo 16 goles a favor e 4 en contra. Os seus goleadores foron (os riscados non van xogar co Dépor esta tempada, e os que que están en cursiva son do Deportivo B) :

  1. Róber / 2 goles
  2. Luis Fernández / 2 goles
  3. Cardoso / 1 gol
  4. Dani Iglesias / 1 gol
  5. Arribas / 1 gol
  6. Teles / 1 gol
  7. Blas / 1 gol
  8. Luis Alberto / 1 gol
  9. Juan Domínguez / 1 gol
  10. Fede / 1 gol
  11. Fayçal Fajr / 1 gol
  12. Cani / 1 gol
  13. Sidnei / 1 gol
  14. Luisinho / 1 gol

Costa Rica pasa a cuartos de final, mais Canadá quedou eliminada

Corea-del-Sur-Costa-Rica-resultadoDous deportivistas, Celso Borges e Sam Piette, reencontráronse esta pasada madrugada en Toronto (Canadá), no terceiro partido da Primeira Fase da Copa de Ouro da CONCACAF. Houbo empate (0-0), que clasifica a Costa Rica de Borges a cuartos de final. Canadá queda eliminada.

Borges xogou de titular 67 minutos, mentres que Piette non chegou a saltar ao terreo de xogo.

Os resultados de Costa Rica foron os seguintes:

COSTA RICA 2 – 2 XAMAICA
COSTA RICA 1 – 1 O SALVADOR
CANADÁ 0 – 0 COSTA RICA

O mediocampista branquiazul disputará os cuartos de final o vindeiro domingo 19 de xullo.

Pola súa banda, Canadá tivo estes resultados con Sam Piette:

O SALVADOR 0 – 0 CANADÁ
XAMAICA 1 – 0 CANADÁ
CANADÁ 0 – 0 COSTA RICA

Sam Piette comeza xa as súas vacacións de verán.

Enquisa : Ficharías a Mosquera ou non?

Pedro Mosquera é coruñés e xogou nas categorías inferiores do Deportivo, antes de marchar ao Real Madrid con 12 anos. Despois diso xogou no Real Madrid Castela, 1 partido có Real Madrid, no Xetafe e no Elche, onde xogou a última tempada e tamén foi a primeira nese equipo. Ademais, tamén xogou na selección española sub-17 e sub-19. Ten contrato có Elche, mais se se confirmo o seu descenso a Segunda, Mosquera quedaría libre e chegaría gratis, aínda que ese feito faría que moitos equipos se interesasen nel. O Dépor conta cunha vantaxe, e é que Mosquera sempre que pode, vai á Coruña.

Agora, ti que opinas sobre este xogador : Ficharíalo ou non?