Outro ‘profesional’ galego

O ciclista corunhés Daniel López, de 21 anos, ficha prá vindeira tempada polo Burgos BH, com licenza Continental, após 2 brilhantes campanhas no Caja Rural navarro.

Trala fichaxe de Delio Fernández polo Marsella-Provence, outra boa nova pró ciclismo galego. O sprinter corunhés Daniel López Parada, de 21 anos, dá o salto ó ciclismo profesional e correrá a vindeira tempada no Burgos BH, com licenza Continental. Dani López comezou a súa carreira no Club Ciclista Cambre-Caeiro, onde acadou os seus primeiros éxitos xa em categorías inferiores e co que disputou a súa primeira tempada como sub-23.

A fichaxe polo Burgos BH do director Julio Izquierdo, chega após dúas brilhantes campanhas no Caja Rural-Seguros RGA navarro. O corunhés, um dos máis rápidos do pelotóm afeccionado, acadou ata 5 vitorias no 2015, repartidas por toda a tempada. Así, ganhou em Zumaia em febreiro na primeira proba do torneo Euskaldun. Em xunho ganhou ó sprint a quinta edición do Memorial Sagasti de Mungia e em xulho a cuarta e derradeira etapa da Vuelta a Zamora.

Xa em agosto, Dani López venceu no Gran Premio Cidade de Vigo, repetindo o triunfo acadado no 2013 cando aínda militaba no Cambre-Caeiro, e em setembro a primeira etapa da Vuelta a Cantabria. O ano pasado, o ciclista corunhés proclamárase campión galego de estrada en Baiona. A vindeira tempada, tentará acadar a súa primeira vitoria como ciclista profesional.

Álex Marque xa ten equipa

O ciclista estradense troca o Efapel polo LA-Alumínios Antarte, co que tentará a vindeira tempada, xa con 34 anos, revalida-lo título da Volta a Portugal acadado no 2013.

A piques de cumprir 34 anos (o vindeiro día 23), o estradense Álex Marque inicia umha nova etapa no ciclismo português. Como anunciara hai un mes, deixa o Efapel, co que foi terceiro na última Volta a Portugal, e será o xefe de filas do LA Alumínios-Antarte, co que tentará revalida-lo título acadado na Grandíssima no 2013.

Alejandro Marque tinha varias ofertas do país vecinho enriba da mesa, mais finalmente decantouse pola de LA Alumínios-Antarte, terceiro clasificado na xeral por equipas da pasada Volta a Portugal, tralo OFM-Quinta da Lixa de Gustavo Veloso e Delio Fernández e o Efapel, que apostará na vindeira campaña por Jóni Brandao, segundo na Volta lusa.

“Agradeço ao Mário Rocha (director deportivo) por ter apostado em mim, estou muito contente em pertencer a esta equipa que se demostra com uma enorme união e creio que vou ter condições para mostrar de uma forma mais vincada o meu valor. Tenho procurado a vitória na Volta a Portugal e ambiciono alcançá-la com a LA Alumínios-Antarte”, afirma Álex Marque.

Umha “vasta experiência no pelotâo nacional”, destaca o seu novo club no comunicado co que anunciou a chegada de Álex Marque. Será xa a oitava equipa lusa na extensa carreira do ciclista galego, dende que no 2004 emigrase do Estradense a Portugal: Banco Bic Carmin, Onda, Palmeiras Resort Tavira, Imoholding Loulé, Boavista, Quinta da Lixa e Efapel.

O LA Alumínios-Antarte fai umha forte aposta polo ciclista estradense, xa que a equipa de Mário Rocha só contaba com ciclistas portugueses nas súas filas e nom fichaban estranxeiros. Esta mesma semana, o club de Paredes anunciou a renovación de Hernâni Brôco, de 34 anos, mais perdía a Sergio Sousa, que emigrou ó Vorarlberg austríaco. Sergio Sousa (7º), Hernâni Brôco (9º) e Amaro Antunes (10º) foron os 3 ciclistas do LA-Alumínios Antarte no top-ten da última Volta a Portugal. Con Álex Marque tentarán dar um salto cualitativo e loitar pola clasificación individual na Grandíssima 2016. Falta agora por conhece-lo futuro dos outros 3 ciclistas galegos no pelotóm português: o estradense Óscar González, companheiro de Álex Marque no Efapel en 2015, e o de Gustavo Veloso e Delio Fernández, as estrelas do OFM-Quinta da Lixa.

Gañou BMC e Chris Froome é máis líder

480O Tour de Francia vive hoxe a súa xornada de descanso antes do asalto aos Pireneos.

A contra o reloxo por equipos de onte constatou a fortaleza na disciplina do BMC, que gañou a etapa mais, alén diso, a de Chris Froome, que tirou do Sky, quedou a só 1 segundo e fortaleceu o liderado. Metéulle 3 segundos ao Movistar de Nairo Quintana, 28 ao Saxo-Bank de Alberto Contador e 35 ao Astana de Nibali. Alberto Contador comeza a montaña cun minuto perdido. Quintana con dous e Níbali, con dous e medio.

Clasificación da 9ª etapa:
1. BMC (USA) – 32:15
2. Sky (GBR) a 1″
3. MOVISTAR (ESP) a 4″
4. Saxo-Bank (RUS) a 28″
5. Astana (KAZ) a 35″
6. IAM (SUI) a 38″
7. Etixx-Quick Step (BEL) a 45″
8. Lampre (ITA) a 48″
9. Lotto (NED) a 1´14″
10. AG2R-La Mondiale (FRA) a 1´24″
Clasificación da xeral :
Pos. Ciclista País Eq. Tempo
1 Christopher Froome GBR SKY 31:34:12
2 Tejay Van Garderen USA BMC a 00:00:12
3 Greg Van Avermaet BEL BMC a 00:00:27
4 Peter Sagan SVK TCS a 00:00:38
5 Alberto Contador ESP TCS a 00:01:03
6 Rigoberto Uran Uran COL EQS a 00:01:18
7 Alejandro Valverde Belmonte ESP MOV a 00:01:50
8 Geraint Thomas GBR SKY a 00:01:52
9 Nairo Alexander Quintana Rojas COL MOV a 00:01:59
10 Zdenek Stybar CZE EQS m.t.
11 Tony Gallopin FRA LTS a 00:02:01
12 Roman Kreuziger CZE TCS a 00:02:18
13 Vincenzo Nibali ITA AST a 00:02:22
14 Warren Barguil FRA TGA a 00:02:43
15 Robert Gesink NED TLJ a 00:02:52
16 Bauke Mollema NED TFR a 00:02:56
17 Jean-Christophe Péraud FRA ALM a 00:03:30
18 Joaquin Rodriguez Oliver ESP KAT a 00:03:52
19 Andrew Talansky USA TCG a 00:04:17

Greipel gaña a 5ª etapa e Toni Martin segue de líder no Tour de Francia

No Tour de Francia mais nervios porque estamos na primeira semana e onte foi unha etapa resolta ao sprint.

Etapa gañada polo alemán André Greipel que suma 2 triunfos parciais nesta edición. Greipel gañou por diante de Peter Sagan e Mark Cavendish. Gañou Greipel e o seu compatriota Toni Martin conserva o maillot amarelo. Non hai cambios na xeral.

Anunciado o equipo de Saxo-Bank pró Tour de Francia

saxo-bankEste é o equipo que levará Saxo-Bank ao Tour de Francia, e tamén hai que dicir que levaron o mellor que teñen, practicamente :

Alberto Contador (ESP, 32)
Peter Sagan (SVQ, 25)
Rafal Majka (POL, 25)
Roman Kreuziger (RCH, 29)
Michael Rogers (AUS, 35)
Ivan Basso (ITA, 37)
Daniele Bennati (ITA, 34)
Michael Valgren (DIN, 23)
Matteo Tosatto (ITA, 41)

Os aspirantes ao Tour de Francia

Joaquim Rodríguez, Van Garderen, Pinot, Peraud e Mollema intentarán pór as cosas difíciles aos 4 fantásticos: Alberto Contador, Froome, Nibali e Nairo Quintana, todos cunha grande nas súas vitrinas, polo menos.1435163526_extras_noticia_foton_7_0

O estadounidense Tejay Van Garderen e o holandés Bauke Mollema serán os líderes do BMC e Trek no Tour de Francia que comeza o próximo 4 de xullo en Utrecht (Holanda), unha vez confirmadas as aliñacións de devanditas formacións.

A falta da disputa dos diferentes campionatos nacionais, algúns equipos xa van confirmando os seus “noves” oficiais, e outros non tomarán a decisión ata a fin de semana. É o caso do Movistar, que contará con Nairo Quintana e Alejandro Valverde como líderes, mais o resto do equipo sairá dunha preselección total de 13 corredores. Antes, o único equipo español do World Tour acudirá aos Campionatos de España que se disputan dende este venres en Cáceres.

Van Garderen levará os galóns do BMC, onde foi seleccionado o español Samuel Sánchez, mentres que no Trek figuran como referencias Mollema e o suízo Fabian Cancellara. En devandita equipo contan con 2 españois, Markel Irízar e Haimar Zubeldia. Tamén conformou a súa aliñación o MTN Qhubeka, o equipo surafricano que pasará á historia ao ser o primeiro conxunto do continente africano que disputa o Tour de Francia.

Dous corredores con vitorias de etapa no Tour de Francia, o noruegués Edvald Boasson Hagen e o estadounidense Tyler Farrar, serán os líderes do equipo de categoría continental para o Tour, que este ano cumprirá a súa edición número 102. En espera das confirmacións, o Tour agarda aos grandes do pelotón, cos españois Alberto Contador, Alejandro Valverde e ‘Purito’ Rodríguez, o colombiano Nairo Quintana, o italiano e defensor do título Vincenzo Nibali e o británico Chris Froome.

Tamén están na lista os franceses Jean-Christophe Péraud (Ag2r) e Thibaut Pinot (FDJ), podios na pasada edición e os velocistas alemáns do Giant, Marcel Kittel e John Degenkolb.