Como quedarían os Tours de Francia dende 1996 até 2005?

Tamém falaremos doutros Tours da França, doutras provas (Giro de Italia, Volta ciclista a España, Jogos Olímpicos e Mundial) ao final.

Tamém há que dizer que dende o 1996 até o 2005, aproximadamente, durante essa década a maioria do pelotom estava dopado. Segundo o Lance Armstrong, dos 200 corredores que havia no pelotom, só havia 5 que non estavam dopados. Eu o que digo é que hai que dar exemplo, e se há que desqualificar aos 195 corredores que estavam dopados e dar-lhe o Tour da França ao primeiro desses 5, ainda que só haja 5 corredores na clasificaçom geral, pois que assim seja. Outras informações que investigan a dopagem desses anos, dixeron que o 70% do pelotom estava dopado. Pois nesse caso, haverá que desqualificar a esse 70%, e manter ao 30% restante.

Acó há vários temas que debater, mais iremos por orde :

Tour da França 1996 :

O primeiro, Bjarne Riis, admitiu doparse entre 1993 e 1998, co cal haveria que quitar-lhe tódolos resultados que conseguiu nesse tempo. O segundo, Jan Ullrich foi culpável da Operación Puerto, recebeu unha sançom de 2 anos a partir de 2005, deu positivo en 2002 (sen sanción) e a UCI quixo sancionalo de por vida, porém o TAS non lhe deixou. Eu comparto a opiniom da UCI, haveria que sancionar a Jan Ullrich de  por vida, e dígolle umha cousa ao TAS : umha das principais razões pola que os Tours da França de 1999-2005 están desertos e sen ganhador é por culpa de Jan Ullrich. Ademais Richard Virenque e Laurent Dufaux admitirom consumir EPO, e é provável que estivessem dopados. Bo Hamburger dixo (melhor dito, escreveu) que se dopara entre 1995 e 1997, ainda que deu positivo numha análise retrospectiva de ourinhos en 1998, ao ano seguinte. A clasificaçom geral ficaria assim :

  1. Peter Luttenberger
  2. Luc Leblanc / a 2m e 56s
  3. Piotr Ugrumov / a 2m e 57s
  4. Fernando Escartín / a 3m e 19s
  5. Abraham Olano / a 3m e 53s
  6. Tony Rominger / a 4m e 46s
  7. Miguel Indurain / a 7m e 7s
  8. Patrick Jonker / a 11m e 51s
  9. Alberto Elli / a 19m e 11s
  10. Manuel Fernández Ginés / a 19m e 21s

Tour de França do 1997 :

O ganhador quedaría descualificado, e o terceiro, Marco Pantani, tamém debería ser descualificado, já que estava dopado, nom é ningún segredo e sábeo todo o mundo. Unha proba disso foi que o botaron do Giro de Italia 1999 e que deu positivo por EPO no Tour de França do 1998. Nom hai 1 proba, hai 2, e isso xa é moito, así que aplicaremos o mesmo critério ca con Jan Ullrich, se tes 1 proba, nesa competición quedas descualificado, se tes 2 probas, sancionado de por vida. De feito, Marco Pantani tivo 2 probas de dopaxe e Jan Ullrich, 3 probas. A clasificaçom geral ficaria assim :

  1. Abraham Olano
  2. Fernando Escartín / a 4m e 37s
  3. Francesco Casagrande / a 6m e 52s
  4. José María Jiménez / a 15m e 22s
  5. Roberto Conti / a 16m e 31s
  6. Beat Zberg / a 19m e 46s
  7. Oscar Camenzind / a 19m e 57s
  8. Peter Luttenberger / a 29m e 44s
  9. Manuel Beltrán / a 33m e 49s
  10. Jean-Cyril Robin / a 42m e 40s

Tour da França do 1998 :

Os 3 primeiros da geral estavam dopados, junto con outros tantos ciclistas, que nom merecem ser mencionados. A clasificaçom geral ficaria assim :

  1. Christophe Rinero
  2. Michael Boogerd / a 2m e 10s
  3. Jean-Cyril Robin / a 5m e 41s
  4. Daniele Nardello / a 6m e 51s
  5. Giuseppe di Grande / a 8m e 19s
  6. Dariusz Baranowski / a 10m e 42s
  7. Stéphane Heulot / a 11m e 41s
  8. Leonardo Piepoli / a 13m e 29s
  9. Kurt Van de Wouwer / a 18m e 4s
  10. Jörg Jaksche / a 26m e 25s

Tour da França do 1999 :

A clasificaçom ficaria assim :

  1. Fernando Escartín
  2. Ángel Casero / a 4m e 45s
Advertisements

Róber estréase numha convocatória da Liga

Co sorteo dos oitavos de final da Copa do Rei aínda recente, o Deportivo xa se centra de novo na competición ligueira e no partido que o enfrontará ao Eibar manhá sábado ás 22:05 horas no estadio de Riazor. Pra devandito choque, Víctor deu a conhecer esta manhá o listado de 18 xogadores convocados, e entre eles destaca a presença do canteirán Róber e o regreso de Pedro Mosquera após cumprir sanción no Camp Nou.

A longa lista de baixas coas que conta Víctor pra este encontro, xunto ao bo rendemento do canteirán nos 2 partidos de Copa, fan que o técnico madrilenho opte por contar de novo co central da canteira, pró que esta é a súa primeira citación coa primeira equipa na Liga.

Laure é baixa por sanción ao ve-lo seu quinto cartón amarelo a pasada xornada, mentres que Medunjanin e Saúl, unha xornada máis, volven a caerse da lista por decisión técnica.

Entre os lesionados, ás ausências de longa duración de Fabricio e Celso Borges, esta semana sumáronselhes Lopo e Cani. Jonás e Oriol Riera completan a ampla nómina de xogadores que actualmente se atopan na enfermaría e cos que o técnico branquiazul non pode contar pró choque ante o conxunto vasco.

CONVOCATÓRIA COMPLETA:

Porteiros: Lux e Manu.

Defensas: Manuel Pablo, Juanfran, Fernando Navarro, Luisinho, Arribas, Sidnei e Róber.

Centrocampistas: Álex Bergantiños, Pedro Mosquera, Juan Domínguez, Fayçal, Fede, Luis Alberto e Cardoso.

Dianteiros: Lucas Pérez e Jonathan Rodríguez.

Fayçal, contento após a chamada de Marrocos

O deportivista Fayçal Fajr está feliz e eufórico trala primeira convocatória da súa vida com Marrocos.

Fayçal é um home fundamental pra Víctor. Foi titular em tódolas partidas e, após Lux e Sidnei, é o xogador que gozou de máis minutos. Agora tem o premio da seleccióm.

Outro ‘profesional’ galego

O ciclista corunhés Daniel López, de 21 anos, ficha prá vindeira tempada polo Burgos BH, com licenza Continental, após 2 brilhantes campanhas no Caja Rural navarro.

Trala fichaxe de Delio Fernández polo Marsella-Provence, outra boa nova pró ciclismo galego. O sprinter corunhés Daniel López Parada, de 21 anos, dá o salto ó ciclismo profesional e correrá a vindeira tempada no Burgos BH, com licenza Continental. Dani López comezou a súa carreira no Club Ciclista Cambre-Caeiro, onde acadou os seus primeiros éxitos xa em categorías inferiores e co que disputou a súa primeira tempada como sub-23.

A fichaxe polo Burgos BH do director Julio Izquierdo, chega após dúas brilhantes campanhas no Caja Rural-Seguros RGA navarro. O corunhés, um dos máis rápidos do pelotóm afeccionado, acadou ata 5 vitorias no 2015, repartidas por toda a tempada. Así, ganhou em Zumaia em febreiro na primeira proba do torneo Euskaldun. Em xunho ganhou ó sprint a quinta edición do Memorial Sagasti de Mungia e em xulho a cuarta e derradeira etapa da Vuelta a Zamora.

Xa em agosto, Dani López venceu no Gran Premio Cidade de Vigo, repetindo o triunfo acadado no 2013 cando aínda militaba no Cambre-Caeiro, e em setembro a primeira etapa da Vuelta a Cantabria. O ano pasado, o ciclista corunhés proclamárase campión galego de estrada en Baiona. A vindeira tempada, tentará acadar a súa primeira vitoria como ciclista profesional.

O Deportivo empata co Atlético

 O Dépor empata 1-1 co Atlético de Madrid após regala-lo primeiro tempo e reaccionar no segundo.

Fayçal Fajr tivo a vitoria num remate á cruzeta no minuto 88. Os de Víctor suman 3 empates e 1 derrota nas últimas 4 xornadas.

[Imaxe: RCDC] Lucas Pérez

Ficha técnica:
Deportivo 1:
Lux; Laure (Juanfran, 75’), Lopo, Sidnei, Navarro; Mosquera, Celso Borges; Fede Cartabia, Fayçal Fajr, Jonás Gutiérrez (Luis Alberto, 69) e Lucas Pérez.
Atlético de Madrid 1: Oblak; Juanfran, Giménez, Godín, Luis Filipe; Koke, Gabi, Tiago (Fernando Torres, 81’), Yannick Carrasco (Correa, 61’); Griezmann e Jackson Martínez (Saúl Ñíguez, 72’).
Goles: 0-1: Tiago (minuto 34). 1-1: Lucas Pérez minuto 77).
Árbitro: Pérez Montero (andaluz). Amosou cartóns amarelos ós deportivistas Fayçal Fajr (min. 15) e Fede (min. 90).
Incidencias: partido da 10ª xornada de Liga no estadio de Riazor perante 24.608 espectadores.

Um tempo pra cada equipa, como resume o tópico. Temoroso do potencial do visitante, o Dépor regalou o primeiro tempo ó rival. Cedeu metros e deixoulhe a iniciativa ó Atleti, que marcou o 0-1 e puido fazer polo menos outro nums minutos nos que o Dépor estivo desaparecido. Reaccionaron os de Víctor tralo descanso, sobre todo da mam dun Fede incisivo pola banda dereita. A loita e a calidade de Lucas Pérez rescataron um merecido punto pró Dépor, que a piques estivo de suma-los tres num disparo de Fayçal Fajr á cruzeta. Ó remate, 1-1 e terceiro empate, amais dumha derrota, nas 4 últimas xornadas.

Entrou Albert Lopo no centro da defensa, e sorprendeu Víctor coa estrea de Jonás Gutiérrez na esquerda. O Dépor cedeu a posesión ó rival e tentou buscar com balóms longos a rapidez de Lucas Pérez, mais o dianteiro corunhés estivo moi só en punta, e incluso nalgumha ocasión recriminou a falta de apoio ós seus companheiros. Ese era o plan de Víctor, agardar en campo propio. Os colchoeiros nom renunciaron a pelota mais tardaron en atopar espazos na ordenada defensa deportivista. Amais, o brasileiro Sidnei estivo rápido pra adiantarse num par de pelotas que lhe chegaron a Jackson, e o único disparo do colombiano na primeira media hora saíu moi desviado.

O Dépor nom sufría, mais arriscaba demasiado tan pechado no seu campo, xa que corría o risco de que lhe metesen um gol. Iso foi o que pasou: a falta de 11 minutos pró descanso, Tiago aproveitou um mal despexe da defensa local pra rematar axustado ó pau, imparábel pra Lux. Os de Víctor acusaron o golpe, e o Atlético puido sentenciar antes do descanso num remate coa testa de Godín, que estaba só na área pequena, e foi ó pau e o posterior rexeitamento de Griezmann que disparou ó corpo de Lux.

Tralo paso polos vestiarios, o Dépor saíu ambicioso a polo empate e o Atlético deu varios pasos atrás pra conserva-la renda. Foi protagonista o arxentino Fede Cartabia, moi activo dende a dereita, que probou a Oblak con 2 lançamentos xa antes do minuto 60. Aínda así, o Atleti semellaba cómodo, agardando coma sempre cando ten vantaxe en campo propio. Víctor buscou troca-la dinámica nas bandas con Luis Alberto e Juanfran, mentres que o Cholo Simeone deu descanso a Jackson e Carrasco.

Foi no minuto 77 cando chegou o empate, cando Lucas Pérez aproveitou a relaxacióm de Giménez pra roubarlhe a pelota na área, canear ó meta rival e marcar con sangue frío o empate. Fayçal Fajr estivo a piques de faze-lo segundo cum disparo dende o bordo da área que petou na cruzeta no minuto 88, mais o partido rematou co 1-1 no marcador. O Dépor suma 14 puntos, e a vindeira cita será en Valencia co Levante. Despois, umha semana de descanso antes do derbi.

Álex Marque xa ten equipa

O ciclista estradense troca o Efapel polo LA-Alumínios Antarte, co que tentará a vindeira tempada, xa con 34 anos, revalida-lo título da Volta a Portugal acadado no 2013.

A piques de cumprir 34 anos (o vindeiro día 23), o estradense Álex Marque inicia umha nova etapa no ciclismo português. Como anunciara hai un mes, deixa o Efapel, co que foi terceiro na última Volta a Portugal, e será o xefe de filas do LA Alumínios-Antarte, co que tentará revalida-lo título acadado na Grandíssima no 2013.

Alejandro Marque tinha varias ofertas do país vecinho enriba da mesa, mais finalmente decantouse pola de LA Alumínios-Antarte, terceiro clasificado na xeral por equipas da pasada Volta a Portugal, tralo OFM-Quinta da Lixa de Gustavo Veloso e Delio Fernández e o Efapel, que apostará na vindeira campaña por Jóni Brandao, segundo na Volta lusa.

“Agradeço ao Mário Rocha (director deportivo) por ter apostado em mim, estou muito contente em pertencer a esta equipa que se demostra com uma enorme união e creio que vou ter condições para mostrar de uma forma mais vincada o meu valor. Tenho procurado a vitória na Volta a Portugal e ambiciono alcançá-la com a LA Alumínios-Antarte”, afirma Álex Marque.

Umha “vasta experiência no pelotâo nacional”, destaca o seu novo club no comunicado co que anunciou a chegada de Álex Marque. Será xa a oitava equipa lusa na extensa carreira do ciclista galego, dende que no 2004 emigrase do Estradense a Portugal: Banco Bic Carmin, Onda, Palmeiras Resort Tavira, Imoholding Loulé, Boavista, Quinta da Lixa e Efapel.

O LA Alumínios-Antarte fai umha forte aposta polo ciclista estradense, xa que a equipa de Mário Rocha só contaba com ciclistas portugueses nas súas filas e nom fichaban estranxeiros. Esta mesma semana, o club de Paredes anunciou a renovación de Hernâni Brôco, de 34 anos, mais perdía a Sergio Sousa, que emigrou ó Vorarlberg austríaco. Sergio Sousa (7º), Hernâni Brôco (9º) e Amaro Antunes (10º) foron os 3 ciclistas do LA-Alumínios Antarte no top-ten da última Volta a Portugal. Con Álex Marque tentarán dar um salto cualitativo e loitar pola clasificación individual na Grandíssima 2016. Falta agora por conhece-lo futuro dos outros 3 ciclistas galegos no pelotóm português: o estradense Óscar González, companheiro de Álex Marque no Efapel en 2015, e o de Gustavo Veloso e Delio Fernández, as estrelas do OFM-Quinta da Lixa.

Lux entra na convocatoria do Deportivo

O Deportivo recibirá o domingo en Riazor o Athletic de Bilbao coa ilusión de continuar na excelente liña amosada ata este intre na liga. O obxectivo é facerse forte na casa. Mañá será amais un día especial, xa que é a xornada das penhas, polo que se vivirá un grande ambiente.

Os deportivistas aínda se adestrarán mañá pra preparar cousas pra este encontro, no que en principio parece que vai poder estar Germán Lux. Todos están pendentes da súa evolución. De feito, por se acaso, Víctor, que deixou fóra a Luisinho, convocou 3 gardametas. O porteiro arxentino amosouse contento coa evolución da súa lesión de abdutor.