Róber estréase numha convocatória da Liga

Co sorteo dos oitavos de final da Copa do Rei aínda recente, o Deportivo xa se centra de novo na competición ligueira e no partido que o enfrontará ao Eibar manhá sábado ás 22:05 horas no estadio de Riazor. Pra devandito choque, Víctor deu a conhecer esta manhá o listado de 18 xogadores convocados, e entre eles destaca a presença do canteirán Róber e o regreso de Pedro Mosquera após cumprir sanción no Camp Nou.

A longa lista de baixas coas que conta Víctor pra este encontro, xunto ao bo rendemento do canteirán nos 2 partidos de Copa, fan que o técnico madrilenho opte por contar de novo co central da canteira, pró que esta é a súa primeira citación coa primeira equipa na Liga.

Laure é baixa por sanción ao ve-lo seu quinto cartón amarelo a pasada xornada, mentres que Medunjanin e Saúl, unha xornada máis, volven a caerse da lista por decisión técnica.

Entre os lesionados, ás ausências de longa duración de Fabricio e Celso Borges, esta semana sumáronselhes Lopo e Cani. Jonás e Oriol Riera completan a ampla nómina de xogadores que actualmente se atopan na enfermaría e cos que o técnico branquiazul non pode contar pró choque ante o conxunto vasco.

CONVOCATÓRIA COMPLETA:

Porteiros: Lux e Manu.

Defensas: Manuel Pablo, Juanfran, Fernando Navarro, Luisinho, Arribas, Sidnei e Róber.

Centrocampistas: Álex Bergantiños, Pedro Mosquera, Juan Domínguez, Fayçal, Fede, Luis Alberto e Cardoso.

Dianteiros: Lucas Pérez e Jonathan Rodríguez.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s