O Deportivo empata co Atlético

 O Dépor empata 1-1 co Atlético de Madrid após regala-lo primeiro tempo e reaccionar no segundo.

Fayçal Fajr tivo a vitoria num remate á cruzeta no minuto 88. Os de Víctor suman 3 empates e 1 derrota nas últimas 4 xornadas.

[Imaxe: RCDC] Lucas Pérez

Ficha técnica:
Deportivo 1:
Lux; Laure (Juanfran, 75’), Lopo, Sidnei, Navarro; Mosquera, Celso Borges; Fede Cartabia, Fayçal Fajr, Jonás Gutiérrez (Luis Alberto, 69) e Lucas Pérez.
Atlético de Madrid 1: Oblak; Juanfran, Giménez, Godín, Luis Filipe; Koke, Gabi, Tiago (Fernando Torres, 81’), Yannick Carrasco (Correa, 61’); Griezmann e Jackson Martínez (Saúl Ñíguez, 72’).
Goles: 0-1: Tiago (minuto 34). 1-1: Lucas Pérez minuto 77).
Árbitro: Pérez Montero (andaluz). Amosou cartóns amarelos ós deportivistas Fayçal Fajr (min. 15) e Fede (min. 90).
Incidencias: partido da 10ª xornada de Liga no estadio de Riazor perante 24.608 espectadores.

Um tempo pra cada equipa, como resume o tópico. Temoroso do potencial do visitante, o Dépor regalou o primeiro tempo ó rival. Cedeu metros e deixoulhe a iniciativa ó Atleti, que marcou o 0-1 e puido fazer polo menos outro nums minutos nos que o Dépor estivo desaparecido. Reaccionaron os de Víctor tralo descanso, sobre todo da mam dun Fede incisivo pola banda dereita. A loita e a calidade de Lucas Pérez rescataron um merecido punto pró Dépor, que a piques estivo de suma-los tres num disparo de Fayçal Fajr á cruzeta. Ó remate, 1-1 e terceiro empate, amais dumha derrota, nas 4 últimas xornadas.

Entrou Albert Lopo no centro da defensa, e sorprendeu Víctor coa estrea de Jonás Gutiérrez na esquerda. O Dépor cedeu a posesión ó rival e tentou buscar com balóms longos a rapidez de Lucas Pérez, mais o dianteiro corunhés estivo moi só en punta, e incluso nalgumha ocasión recriminou a falta de apoio ós seus companheiros. Ese era o plan de Víctor, agardar en campo propio. Os colchoeiros nom renunciaron a pelota mais tardaron en atopar espazos na ordenada defensa deportivista. Amais, o brasileiro Sidnei estivo rápido pra adiantarse num par de pelotas que lhe chegaron a Jackson, e o único disparo do colombiano na primeira media hora saíu moi desviado.

O Dépor nom sufría, mais arriscaba demasiado tan pechado no seu campo, xa que corría o risco de que lhe metesen um gol. Iso foi o que pasou: a falta de 11 minutos pró descanso, Tiago aproveitou um mal despexe da defensa local pra rematar axustado ó pau, imparábel pra Lux. Os de Víctor acusaron o golpe, e o Atlético puido sentenciar antes do descanso num remate coa testa de Godín, que estaba só na área pequena, e foi ó pau e o posterior rexeitamento de Griezmann que disparou ó corpo de Lux.

Tralo paso polos vestiarios, o Dépor saíu ambicioso a polo empate e o Atlético deu varios pasos atrás pra conserva-la renda. Foi protagonista o arxentino Fede Cartabia, moi activo dende a dereita, que probou a Oblak con 2 lançamentos xa antes do minuto 60. Aínda así, o Atleti semellaba cómodo, agardando coma sempre cando ten vantaxe en campo propio. Víctor buscou troca-la dinámica nas bandas con Luis Alberto e Juanfran, mentres que o Cholo Simeone deu descanso a Jackson e Carrasco.

Foi no minuto 77 cando chegou o empate, cando Lucas Pérez aproveitou a relaxacióm de Giménez pra roubarlhe a pelota na área, canear ó meta rival e marcar con sangue frío o empate. Fayçal Fajr estivo a piques de faze-lo segundo cum disparo dende o bordo da área que petou na cruzeta no minuto 88, mais o partido rematou co 1-1 no marcador. O Dépor suma 14 puntos, e a vindeira cita será en Valencia co Levante. Despois, umha semana de descanso antes do derbi.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s