Pablo Insua, cedido ao Leganés

insuaO Real Club Deportivo da Coruña e o Club Deportivo Leganés asinaron un acordo prá cesión de Pablo Insua. Tal e como anunciaron os dous equipos esta mañá, o central xogará esta tempada en Segunda División.

A finais do mes pasado transcendeu na prensa que o Sporting de Xixón estaba interesado na incorporación do central galego, mais finalmente non se concretou, xa que o Deportivo non quería que Pablo Insua xogase non equipo que loitase pola permanencia. Tamén se dixo que podía ir pró Lugo, mais esa opción quedou descartada, xa que ao Lugo non lle fan falla máis centrais porque xa ten 4 centrais, e teñen a Dealbert, unha fichaxe que acaban de facer fai uns días, e que era un central moi bo, que incluso xogou Europa co Valencia. Agora non creo que siga sendo tan bo, e mais tendo en conta que vén de xogar en Rusia e nos Emiratos Árabes Unidos, mais en Segunda tería que ir sobrado, coma Marchena cando xogou co Deportivo en Segunda; o que faría que Pablo Insua tivese competencia e que non tivera os minutos asegurados, cousa que no Leganés non lle vai pasar, ademais ese equipo tiña ata agora 3 centrais.

Agora, sen filtracións, a entidade fai oficial a súa cesión ao conxunto madrileño, que parece que este ano está facendo un equipo moi competitivo prá División de Prata. Guillermo, Ruiz de Galarreta e Bustinza (Athletic Club), Sastre e Omar (Valladolid) ou o brasileiro Appelt Pires (Juventus) son algunhas das altas máis importantes do conxunto que dirixe Asier Garitano.

Pablo Insua é a última destas incorporacións. A pasada campaña o de Arzúa disputou un total de 17 encontros ligueiros, 14 deles de inicio, no que recibiu 6 cartóns. Foi en Segunda, o anterior curso, onde Pablo Insua se destapou como un central de nivel. 39 partidos, todos de titular, e sinalado como un dos mellores defensores da categoría, o futbolista que por aquel entón só sumaba 19 primaveras chamou a atención do mundo do fútbol. Anteriormente, na 2012- 2013, e con Oltra aínda de adestrador, estreouse en Primeira xogando 3 partidos e un total de 191 minutos. O Deportivo, temendo que o central se puidese estancar logo dun ano sen confianza en Primeira, mándao de volta á categoría na que despuntou.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s