Primeiro partido de pretempada pró Dépor de Víctor

CDT 11.12
Campo do Roxo

Xogarase esta tarde (20:30) en Cerceda e co Silva como rival.

Tras unha semana de intenso traballo entre Abegondo e Guitiriz, o novo Deportivo de Víctor disputará hoxe o seu primeiro encontro de pretempada no I Memorial Antonio Meirás, trofeo organizado polo Club Silva SD e que terá lugar no campo de O Roxo de Cerceda.

Con gran parte do equipo aínda por definir a falta de varios reforzos prá zoa ofensiva, o protagonismo recaerá tanto nos novos xogadores -Arribas, Fernando Navarro, Saúl e Luís Alberto- como nos canteiráns que subiron a facer a pretempada ao primeiro equipo -David Gómez, Róber, Queijeiro, Teles, Cardoso, Pinchi e Dani Iglesias-. Pola súa banda, quen non poderá estar será Manuel Pablo, que onte rebaixou a intensidade dos seus adestramentos ao sufrir unha recaída da lesión que lle fixo perderse os 2 últimos encontros da pasada Liga.

O Silva, club coruñés que ascendeu a tempada pasada a Terceira División por primeira vez na súa historia e conseguiu a salvación a falta de 2 xornadas, comezou esta cuarta feira a súa pretempada cun plantel moi renovado e repleta de futbolistas novos e chegados de categorías inferiores. Ademais do ex fabrilista Toni Insua, anunciado onte mesmo como reforzo, destaca tamén o experimentado porteiro Damián, procedente do Laracha, ou o atacante Andrés Pardo, que na súa mocidade brillou nas categorías inferiores do Deportivo.

En declaracións á páxina web do Silva, o técnico Javier Bardanca comentou as súas sensacións trala primeira sesión de traballo: “o primeiro adestramento deixoume unha moi boa impresión. O grado de cumprimento e competitividade foi moi alto, e isto fainos crer que seguindo esta liña faremos cousas importantes esta tempada. De momento só podemos traballar, traballar e traballar máis. É un equipo con outro perfil distinto, máis novo e polivalente, que o que vimos o ano pasado”.

Trofeo: Memorial Antonio Meirás: Silva SD – Deportivo.

Campo: O Roxo, Cerceda.

Horario: 20:30 horas.

Prezo entrada: 5€.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s