O Raio Vallecano tamén quere a Michu

Sonda a súa volta, mais a súa ficha o dificulta e ademais debería lograr a súa liberdade.

michu-rayo-vallecano1Michu é o soño, imposíbel de momento, do Raio. A Dirección Deportiva tenteou o regreso a Vallecas do centrocampista asturiano, que vería con bos ollos abandoar o Swansea. Porén, a operación parece moi complicada.

En primeiro lugar, porque a Michu aínda lle resta unha tempada de contrato no club galés, ao que chegou traspasado polo Raio no verán de 2013 por 2,5 millóns de euros. O segundo escollo é a elevada ficha asinada polo centrocampista por entón, inadmisíbel por completo prá entidade rayista.

Aínda así, existen algúns condicionantes que permiten manter algún fío de esperanza. Por exemplo, o desexo de Michu de pór fin á súa etapa no Swansea, en vista da súa perda de protagonismo. Na súa estrea na Premier erixiuse nunha das estrelas ao anotar 18 goles en 35 partidos. Mais todo torceuse á campaña seguinte, cando comezaron os seus problemas nun nocello que reduciron a súa participación a 17 encontros e 2 goles.

A tempada pasada, coa súa cesión ao Nápoles, foi máis negra aínda, xa que só xogou 6 partidos. Por iso, Michu estaría encantado de intentar recuperar o seu nivel no Raio. Mais a única vía de que iso sexa posíbel pasa por que perdoe unha parte dos seus emolumentos e consiga a súa liberdade no Swansea.

O club galés deberá sopesar se opta por tratar de rendibilizar o seu investimento cun traspaso ou se lle abonda con liberarse da elevada ficha do xogador. E aí é cando entra o Raio.

1352735777_extras_mosaico_noticia_1_1
Tamén está interesado na súa fichaxe o Deportivo, mais saíulle un duro competidor, xa que a situación económica do Dépor non é mellor ca do Raio Vallecano, e xogou no Raio Vallecano, aínda que el é asturiano (de Oviedo) e Asturias é veciño de Galiza.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s