O galego Angeliño Tasende ficha polo New York City

prePasou dos campos de fútbol de Carballo a compartir vestiario con Lampard, Villa, Pirlo, Iraola e o tamén galego Pablo Álvarez. O New York City está empeñado en construír unha selección mundial e pra ese proxecto acaba de incorporar unha das perlas do noso fútbol: a Jose Ángel Tasende, Angeliño, que falou con Xaime Arias en Nova York.

Esta é a imaxe Frank Lampard, Andoni Iraola e Angelino, como lle chaman aquí a Jose Angel Tasende, Angeliño, de Coristanco saído dos campos del fútbol de Carballo e a canteira do Dépor. O New York City fala galego.

Ao seu carón estará no campo falando tamén galego no estadio dos Yanquis Pablo Álvarez, ex do Dépor… equipo por certo do corazón de Angeliño, que tomen nota na praza de Pontevedra.

Ten 18 anos vén a Nova York cedido 6 meses polo Manchester City e avalado polo ollo de Fran e tamén o do seu novo compañeiro…Iraola…

Gran potencial que o fai actuar coma un veterano cando esta primeira conferencia de prensa da súa vida segundo confesaba máis tarde e ademais en perfecto inglés… Angeliño
Pois Iraola, Lampard, Villa e Pablo Álvarez non son os únicos compañeiros de vestiario do galego…Andrea Pirlo asinou esta semana co equipo neoiorquino pra conformar unha escuadra de nivel mundial con claro acento galego.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s