Definidas pró Fabril as datas da Copa Deputación, que arrinca o 2 de agosto

cEstán xa definidas as datas da vixésimo sétima edición da Copa Deputación, na que participará, como é tradicional cada verán, o Fabril.

O filial deportivista iniciará a competición, por formato de eliminatorias a partido único, en dezaseisavos de final, que se xogará o domingo 2 de agosto. A partir de aí virán oitavos de final (5 de agosto), cuartos de final (domingo 9 de agosto), semifinais (mércores 12 de agosto) e a  final, con data o 16 de agosto, en sede a determinar pola Federación Galega.

Alén diso, en función deste calendario, o Fabril planificará un calendario de partidos amigábeis.

O Fabril iniciará a pretempada o vindeiro 21 de xullo en Abegondo. Están citados estes futbolistas: Anxo, Pancho, Hugo Rama, Bamba, Miguel Muñoz, Sergio Pereira, Manu Nogueira, Nico, Álvaro López, Lucas e Javi Ortega; ademais dos xuvenís: Hugo Díaz, Quique Fornos e Blas.

A maiores, están facendo a pretempada co primeiro equipo: Óscar, Álex Corredera, David Gómez, Róber, Anxo e Dani Iglesias.

O ano pasado, o Deportivo B quedou eliminado da Copa Deputación nas semifinais, ao perder contra o Soneira por 4-0.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s