Oficial : Luis Alberto xogará cedido no Deportivo

luis-alberto-009A nova fichaxe deportivista xa ten nome, Luís Alberto Romeu, ten 22 anos, e pertence ao Liverpool. Vén ao Depor en calidade de cedido, tras militar en equipos importantes coma o Málaga, Liverpool e Sevilla, ademais de xogar tamén na canteira do Barcelona.

Luís Alberto destaca pola súa polivalencia, xa que pode xogar por detrás do dianteiro, e en ambas bandas actuando de extremo, xa que ten unha gran velocidade en desmárquelos e unha gran profundidade. Aínda que non sexa a súa posición natural nin a súa mellor posición, tamén pode xogar de dianteiro centro (sería un falso 9, coma Cesc na Eurocopa 2012 con España), se Víctor quere poñelo aí.

Onte á noite aterrou no aeroporto de Alvedro tras varios atrasos, onde coincidiu na súa chegada co seu novo compañeiro Alberto Lopo. Tras pasar esta mañá o recoñecemento médico, incorporarase co resto do plantel á concentración en Guitiriz (Lugo).

Luís Alberto non tivo o seu mellor ano no Málaga, xa que tivo unha gran competencia con grandes xogadores como Samu Castillejo e Nordin Amrabat, e só puido anotar 2 goles e dar 2 asistencias en 15 partidos e nos 5 partidos que xogou na Copa do Rei non fixo nada. A súa gran versión deuna na tempada 2012-2013 militando no Barcelona B, anotando 11 goles en 38 partidos.

Víctor cre que será un home moi importante pró Dépor, xa que pode proporcionar diferentes calidades ás actuais, aumentando cada vez máis a calidade do equipo respecto ás da tempada pasada, e poder así conseguir a permanencia sen sufrimento.

Luis Alberto vén ao Deportivo en calidade de cedido polo Liverpool e dixo que as conversas con Víctor foron clave prá súa chegada.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s