Xa presentaron as camisetas do Deportivo 2015-2016

A presentación foi onte, mais antes de amosarvos as novas camisolas do Deportivo, vamos ensinarvos a da tempada pasada, por se queredes comparar camisetas:

14CORUNA2Camiseta_Deportivo_2014_2015_(7)camiseta-club-deportivo-la-coruna-temporada-2014-2015-22752-MPE20235521635_012015-Ocamiseta-deportivo-coruna-2015-2

E agora, estas son as que vai usar o Dépor esta tempada.

18826248303_743f7c4ae3_z 18824367724_bdc350ae49_z 18824379414_7eea54a92a_z 18826243623_630324bd32_z 18826255503_726880bcf9_z 19259302380_ae430553bf_z 19259305390_dee1eebd60_z 19259306498_cc6581b13f_z 19259308748_c1a1880c83_z 19259308958_3b2d0c3524_z 19259310420_050559cd53_z 19259311640_b5fd6d13a5_z 19259313000_b939110101_z 19259314188_52729aa7d0_z 19259320668_3365f178a3_z 19260707909_9651698920_z 19260721739_993683bb2e_z 19420787956_06d92231bd_z 19420792056_f594c02df8_z 19420793266_603d70a1de_z 19440568952_7f3effd97b_z 19440569422_358d16a0a0_z 19446853135_9c7e6b8d35_z 19446854685_c7d87h1f78c_z 19446860125_b7f92cb988_z 19446868335_9d2a8dc9cb_z 19446868545_e381f73c26_z 19451126671_b9feb9dc98_z 19451134591_d5a0a224e3_z 19451135511_308c80f57d_z 19451137711_ab70d02c1d_z 19451140131_cb107c40b3_z11696496_1179831182042898_5635834720155708193_o

Unha vez que xa vistes as novas camisetas do Deportivo, que vai usar durante esta tempada, é hora de analizar os cambios entre as novas camisetas e as da tempada pasada.

PRIMEIRO UNIFORME :

Camiseta :

O principal cambio é que as mangas deixan de ser branquiazuis e pasan a ser completamente azuis.

Outro cambio é que os bordes das mangas agora son de cor vermella é dentro da cor vermella, está o símbolo da marca Lotto en branco, mentres que na tempada pasada o símbolo de Lotto estaba en branco dentro dun cadrado vermello e na parte superior das mangas.

Este cambio non sei se é cuestión de gustos ou é que ten que ser así, mais o certo é que a forma do pescozo cambio, xa que pasa de ser circular coma a tempada pasada a ter un “furado” na parte central.

E o último cambio destacábel, é que a tempada pasada na parte dianteira da camiseta, ao lado do escudo, estaban o símbolo e o nome de Lotto en azul dentro dun rectángulo branco, e nesta nova camisola só está o símbolo de Lotto en vermello e dentro dunha das franxas brancas.

Pantalón :

O borde branco é máis grande, e dentro do borde branco, está o símbolo de Lotto en azul.

Medias :

Na tempada pasada, a parte final das medias era completamente branca e era un cacho de tamaño considerábel, mais esta tempada, na parte final, despois de ser toda a media azul, hai unha liña fina branca, e despois, pra rematar, unha liña fina de cor azul e ademais, esta tempada, o símbolo de Lotto parece que está máis enriba do que estaba a tempada pasada.

SEGUNDO UNIFORME :

Séguese mantendo o uniforme coa bandeira galega.

Camiseta :

Está menos cargada de símbolos cá tempada pasada, mais o principal cambio é que a franxa azul é máis curta cá tempada pasada, xa que non vai de punta a punta, porque non chega á parte final, é dicir, acurtouse nas esquinas.

Outro cambio é que o símbolo de Lotto está na franxa azul, e non no centro coma a tempada pasada e ao igual ca no primeiro uniforme, os bordes das mangas son de cor vermella e dentro está o símbolo de Lotto en branco, ademais de que teñen a mesma forma eses bordes nos 3 uniformes.

Agora no pescozo, en lugar de haber moito borde negro e pouco borde branco, pasa a ser totalmente negro.

O último cambio é que na parte final da camisola, a que está en contacto có pantalón, hai unha raia fina de cor negra.

Pantalón :

O borde negro é máis grande, e dentro do borde negro, está o símbolo de Lotto en branco.

Medias :

A raia fina negra pasa a estar no borde.

TERCEIRO UNIFORME :

É un uniforme totalmente distinto, así que non hai nada que comparar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s