Posíbeis dúbidas sobre o léxico deportivo galego

Esta non é unha nova sobre os deportes, mais si que trata sobre ese tema. Vamos explicar palabras nas que pode que teñades dúbidas :

– Non se pode dicir mediapunta todo xunto, hai que escribilo separado, así que sería media punta.

– Tampouco se pode dicir mediocentro, hai que dicir mediocampista ou centrocampista.

– Non se pode dicir utillero, hai que dicir encargado do material.

– Non se pode dicir entrenador, entrenar nin entrenamento, o correcto é dicir adestrador, adestrar e adestramento.

– Non se pode dicir ojeador, oxeador ou ollador, o que está admitido dicir é observador, aínda que tamén se propón que se admita cazatalentos.

– Líbero non é unha palabra admitida, e pódese substituír por defensa libre, mais estase propondo que se admita a palabra líbero, e por iso vamos usar esta palabra nesta páxina.

– Non se pode usar palomita, en lugar diso, debemos usar estirada, xa que o que en castelán se chama palomita, non é máis ca un tipo de estirada.

– Plantel está na mesma situación ca líbero, e por iso nesta páxina vamos usar esa palabra.

Podedes ver máis posíbeis dúbidas que teñades sobre o léxico galego en https://dubidasdogalego.wordpress.com/

Tamén o vou dicir, é posíbel, que vexades que use os seguintes hipergaleguismos : escea, esceario, zoa, abandoar, primaveira, sinceiro, sinceiramente, inconvinte e, isto sería máis raro, atrais e detrais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s