O Deportivo fíxase en Michu

michu_2459695bO Depor xoga un amistoso ante o Swansea o 1 de agosto, mais pode que non sexa o único contacto coa entidade galesa este verán xa que a secretaría técnica puxo os seus ollos en Michu. O dianteiro, de 29 anos, non entra nos plans do conxunto da Premier, co que acaba contrato en xuño de 2016. Estas circunstancias facilitarán a súa saída, aínda que polo momento só se produciu unha primeira toma de contacto.

Tamén xoga a favor dos branquiazuis os case 2 anos en branco que leva o asturiano e as súas ganas de recuperar protagonismo. No curso 13-14 co Swansea só xogou 17 partidos de Liga polas lesións. A pasada tempada foille aínda peor. Michu foi cedido ao Nápoles, mais só disputou 6 partidos, en novembro operouse o nocello, o que fixo que non volvese a xogar en toda a tempada.

O único problema sería o seu salario, moi elevado prás opcións do Depor. A solución da entidade sería un contrato longo pra compensar, como se fixo con Arribas.

Outro punto a favor de Michu, e que valora moito Víctor, é a súa polivalencia. O ovetense é zurdo e móvese perfectamente como medio ofensivo, media punta, segundo dianteiro e ata de dianteiro centro.

Michu formouse nas categorías inferiores do Oviedo, co que logrou o ascenso a Segunda B. Estivo 4 tempadas co Celta, todas elas en Segunda, co que xogou 103 partidos e logrou 15 goles. En 2011 ficha polo Raio Vallecano, recentemente ascendido a Primeira, e explota como goleador (15 tantos). En só un ano salta á Premier ao fichar polo Swansea por 2,5 millóns. Na tempada 12-13 vive a súa mellor época. Logra 18 goles (22 goles, se se contan tamén os que meteu nas copas nacionais) no seu estreo na Premier e ata chega a debutar con España nun partido oficial ante Bielorrusia (2-1). Na tempada 2013-2014 mete 6 goles (2 na Liga e 4 en competicións internacionais) e na última tempada no Nápoles non chegou a meter un gol.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s