Comezou a pretempada do Deportivo

look:26026O primeiro equipo arrincou onte pola mañá a pretempada en Abegondo ás 09.00 horas, con probas analíticas pra tódolos futbolistas. Unha vez finalizadas as analíticas e o almorzo nas instalacións da cidade deportiva, o plantel dividiuse en 2 grupos.

O primeiro grupo continuou con probas físicas entre o INEF e Abegondo: Laure, Manuel Pablo, Luisinho, Fabricio, Alex Bergantiños, Lopo, Juan Domínguez, Luís Fernández, Pablo Insua e Saúl.

O segundo grupo realizou o primeiro adestramento sobre o céspede: Seoane, Fernando Navarro, Alejandro Arribas, Oriol Riera, Teles, Cardoso, Fabricio e Lux.

A maiores, adéstranse os seguintes canteiráns: David e Anxo (porteiros); Róber (central); Àlex Corredera, Óscar e Dani Iglesias (dianteiros).

Hoxe sexta feira, o grupo que onte quinta feira realizou probas médicas adestrarase a partir das 9.00 na cidade deportiva; mentres que os futbolistas que onte traballaron sobre o céspede terán hoxe probas médicas, repartidas entre Abegondo e INEF.

A planificación de adestramentos desta semana, sempre susceptible de variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Quinta feira 2 de xullo

17.30: Probas médicas (grupo 1º)

Sexta feira 3 de xullo

10.00: Adestramento en Abegondo (grupo 1º) e probas médicas (grupo 2º)

17.30: Probas médicas (grupo 2º)

Sábado 4 de xullo

10.00: Adestramento en Abegondo

18.30: Adestramento en Abegondo

Domingo 5 de xullo

Descanso

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s