Víctor Fernández, preto do Real Madrid

VICTOR

O que fora técnico do Deportivo a pasada tempada asinará co equipo da capital española como “Director de Formación” da canteira merengue prás vindeiras 3 tempadas.

Tras ser destituído do seu cargo na recta final da tempada (28 puntos en 30 xornadas, deixando ao Deportivo cuarto pola cola), Víctor Fernández está a piques de emprender unha nova aventura. Farao no Real Madrid, onde será o “Director de Formación” da canteira madridista durante as vindeiras 3 tempadas.

A intención do Real Madrid é que Víctor Fernández se encargue de coordinar a cidade deportiva de Valdebebas, estruturando de forma homoxénea a tódolos equipos e unificando os criterios. Outro dos obxectivos é mellorar a parte dos observadores, apostando por xogadores de Madrid.

Víctor Fernández chegaría ao entrañado corporativo do conxunto presidido por Florentino Pérez xa que os problemas de saúde de Ramón Martínez xeraron un problema de organización nas categorías inferiores. O ex do Deportivo chegará acompañado de Narcís Juliá e probabelmente de José Aurelio Gay.

Así as cousas, outra das intencións da contratación é dispor dun técnico a man no caso de que Rafa Benítez non cumprise cos obxectivos e rematase sendo destituído. Aínda que o segundo nesa lista debería ser Zidane, o de Zaragoza entraría na carreira polo posto de primeiro adestrador do Real Madrid.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s