Os xogadores que se van do Deportivo

Son varios os xogadores que marchan tras expirar o seu contrato ou cesión no Deportivo.

O 1 de xullo supón a finalización dos contratos dos xogadores en último ano e das cesións da pasada tempada, o que trae consigo que moitos xogadores pon punto e final cos que foron os seus equipos o pasado curso. Nesta situación atópanse un gran número de futbolistas que defenderon a camiseta branquiazul a pasada campaña e que dende hoxe, continuarán as súas carreiras noutros equipos.

En total son 14 os xogadores que quedaron desvinculados do Dépor. Por unha banda están os catro cuxos dereitos federativos eran propiedade do Deportivo, Toché e Wilk, os dous tras ser partícipes do último ascenso, e Isaac Cuenca e Hélder Postiga, que asinaron por unha soa tempada e que se supoñía que ían ser xogadores referentes, mais cuxo rendemento non foi nin moito menos o agardado. A ningún deles ofrecéuselle a renovación.

O resto, un total de 10 xogadores máis, estaban en calidade de cedidos. Canella, José Rodríguez, Hélder Costa e Salomao non lograron facerse cun oco no equipo e as súas aparicións no equipo foron intermitentes tanto con Víctor Fernández primeiro, como posteriormente con Víctor Sánchez del Amo. Mención separadamente merece Borja López, quen chegou ao club no mercado invernal como reforzo pró eixe da defensa e se vai sen estrearse.

Todo o contrario sucede con Juanfran, Ivan Cavaleiro, Luis Fariña, Sidnei e Lucas Pérez. Todos eles foron fundamentais cos 2 adestradores á hora de lograr a sufrida permanencia. Por iso dende a Praza de Pontevedra estabelecéronse contactos cos seus respectivos equipos pra intentar prolongar a súa estancia na cidade herculina, agás con Juanfran e Luis Fariña. No caso de Ivan Cavaleiro a posibilidade de que volva quedou descartada, mentres que o regreso de Sidnei si parece próximo. Máis difíciles parecen as negociacións pró retorno de Lucas Pérez, quen xa se reincorporou ao seu actual club, o PAOK, que esixe unha importante cantidade económica polo seu traspaso. Tamén se quere que siga Salomao.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s