O Deportivo está interesado na cesión de Lucas Silva

lucas silvaE pra reforzar a medular, o Deportivo quere conseguir a cesión do brasileiro Lucas Silva que precisamente estreouse ante os coruñeses. O brasileiro chegou no mercado invernal ao Real Madrid mais apenas tivo minutos. Ocupa praza de extracomunitario e Rafa Benítez vería con bos ollos unha cesión, xa que quere que xogue nun equipo español, pra que teña minutos. Aí é onde o Deportivo quere sacar tallada. Os inconvenientes, a ficha alta do xogador e a competencia. Sevilla e Porto tamén pugnan por Lucas Silva.

Mais o Depor tamén ten vantaxes pra conseguir a súa cesión. O Real Madrid ten arestora 4 extracomunitarios (James, Casemiro, Danilo e Lucas Silva) e só pode ter 3, co cal un deles ten que saír, e o favorito é Lucas Silva pola súa xuventude, porque no Real Madrid case non vai ter minutos e faille falla un equipo onde poida ter moitos minutos, pra seguir mellorando.

Esta tempada, Lucas Silva xogou 8 partidos de Liga co Real Madrid (mais só 1 enteiro, contra o Levante) e 1 de Champions. En total, 9 partidos e 427 minutos (337 na Liga e 90 na Champions).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s