O Deportivo B confirma a continuidade de David e a fichaxe de Àlex Corredera

David-Gomez_009Tanto o meta de Cambre como o centrocampista catalán asinan prás vindeiras 2 tempadas co filial branquiazul, con opción a ampliar o seu vínculo no caso de subir ao primeiro equipo.

Novos movementos na secretaría técnica da Praza de Pontevedra. Neste caso, pra reforzar a un Fabril que, un ano máis, acometerá un importante proceso de renovación. Nel terá presenza David Gómez, gardameta titular do filial deportivista durante a pasada campaña e habitual nos adestramentos do primeiro equipo. O arqueiro de Cambre -seguido de cerca nas últimas semanas polo Betis- finalizou a súa vinculación co conxunto branquiazul o pasado 30 de xuño, mais asinou onte a súa continuidade por 2 anos máis coa escuadra adestrada por Manuel Mosquera.

David, que xa na súa etapa como xuvenil participou en múltiples ocasións nas sesións dirixidas por José Sambade, erixiuse o curso anterior como un dos baluartes do segundo equipo do Deportivo. De feito, finalizou a tempada como o porteiro menos batido do Grupo I da Terceira División con só 21 tantos encaixados en 30 partidos disputados. Agora, aos seus 21 anos, exercerá como veterano dentro dun plantel que se presume moi novo.

t_f_c_barcelona_alex_corredera-5201089Àlex Corredera, primeira cara nova do Fabril na súa medular

O conxunto coruñés informou tamén ao mesmo tempo da incorporación de Àlex Corredera, centrocampista ofensivo formado nas categorías inferiores do Barcelona e que deixou a escuadra catalá tras finalizar o seu contrato. A chegada de Corredera -adiantada pola emisora RAC1-, que asina tamén por 2 anos, foi notificada así mesmo polo xogador a través das redes sociais.
O xerundense actuou como interior zurdo no Xuvenil A adestrado por Francisco Javier García Pimienta -disputando a última UEFA Youth League, na que anotou 2 goles en 6 choques-, polo que, a priori, as características do futbolista encaixarían dentro das necesidades dun Fabril que xa informou semanas atrás da decisión de non prolongar os contratos de xogadores como Marcos Remeseiro ou Cañi, protagonistas destacados na sala de máquinas pra Mosquera durante a recentemente finalizada campaña.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s