O factor Sara Carbonero pode ser importante na marcha de Iker Casillas do Real Madrid

sara-carbonero-e-iker-casillas-junto-a-martin-208995_w1000Todo o mundo di que Iker Casillas se quere ir, malia que sempre lle di á prensa que se quere quedar, eles din que cando non hai unha cámara diante, di que se quere ir. Se isto é certo ou non, saberao Iker Casillas, mais pra saber máis detalles de se se vai ou non, hai que centrarse na súa muller Sara Carbonero.

Sara Carbonero é unha periodista que traballa nos deportes de Telecinco, mais tamén é a muller de Iker Casillas. Se Iker se vai do seu equipo, o máis probábel é que pró estranxeiro, e aquí é cando Sara Carbonero ten que elixir : traballo ou Iker. Se Iker se queda, non habería ningún problema, xa que pode seguir traballando en Mediaset, mais se se vai, o normal sería que se fose pró estranxeiro, e se Sara Carbonero quere ir con el, tería que deixar o seu traballo, e creo que é difícil que poida conseguir traballo no estranxeiro, mais se se queda, pra manter o seu traballo, non podería ver ao seu home moito tempo, bastante menos tempo do que o pode ver agora. Ademais, Martín Casillas Carbonero, o fillo de Iker Casillas e Sara Carbonero xa ten 1 ano, e hai que coidalo, mais habería que pensar se queren que estude en España ou no estranxeiro, polo menos en primaria.

Creo que Iker preocuparase algo pola súa muller, de aí que non lle importe seguir no Real Madrid, aínda que sexa suplente ou o terceiro porteiro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s