A MLS quere a Chicharito e a Giovani dos Santos

chgdsSegundo o comentarista da ESPN, Taylor Twellman, a Major League Soccer (MLS) quere fichar aos xogadores mexicanos Chicharito Hernández e Giovani dos Santos.

Twellman adiantou a noticia que a MLS “está en discusións” coa dupla mexicana durante a transmisión do partido do domingo entre o New York City e o New York Red Bulls.

Reporta que os donos da MLS están “buscando un mecanismo” de traer aos dous xogadores mexicanos á MLS e que poderían chegar este mesmo verán.

Non é a primeira vez que Chicharito se relacionou coa MLS. Anteriormente estivo na órbita do Orlando City de Kaká.

Polo que está pasando ultimamente, pódese dicir que a MLS está medrando moi rápido, xa que ten a xogadores coma Iraola, Kaká, Villa, Gerrard, Lampard, Pirlo, Keane, Octavio Rivero…, de tódolos xogadores que acabo de citar, 4 están no mesmo equipo, no New York City, e son Villa, Iraola, Lampard e Pirlo, aínda que Pirlo non chegará ata xaneiro. Tamén esta neste equipo o ex deportivista Pablo Álvarez.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s