Aínda queda moito traballo

torA continuidade de Oriol Riera e Lucas está aínda sen pechar e o Depor só conta co canteirán Luís Fernández prá zona de ataque.

“A idea é contar co 90% do plantel pró arranque da pretempada”, dixera Víctor pouco despois de conseguir a salvación. A 3 días de que comece a mesma -o plantel está citado pra esta quinta feira 3 de xullo-, o desexo do adestrador está lonxe de cumprirse, pois por agora aínda non se pechou ningún reforzo prá zona de ataque e dos xogadores que ocupaban esa zona a pasada campaña, ningún ten contrato en vigor.

Mentres que Oriol Riera está preto de lograr a súa continuidade e de aterrar na Coruña en propiedade, a fichaxe de Lucas Pérez parece máis complicada e o xogador terá que viaxar a Grecia esta semana pra incorporarse ao PAOK. Dos que formaron parte do plantel a pasada tempada, Ivan Cavaleiro e Diogo Salomão son os outros que podería seguir de branquiazul, mais a súa situación é ben distinta: o primeiro está pendente de que se concrete o seu traspaso ao Mónaco e o segundo de desvincularse definitivamente do Sporting de Lisboa. Desta forma, o canteirán Luís Fernández, cedido a tempada pasada no Lugo -6 goles en 25 partidos-, é o único home do que dispón o técnico agora mesmo prá zona ofensiva.

Esta situación contrasta coa liña defensiva, practicamente pechada coas fichaxes de Fernando Navarro e Arribas e a próxima continuidade de Sidnei. De chegar algún reforzo máis nesa zona, sería un lateral dereito que competiría con Laure e Manuel Pablo por un posto, xa que Diego Seoane parece non contar pró corpo técnico.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s