Posíbeis saídas no Deportivo no verán 2015/2016

pablo-insua22Obviamente, hai varios xogadores que a xente di que poden marchar. De Fabricio non vou falar, xa que xa falamos da súa situación noutro artigo (https://velaitesdeportes.wordpress.com/2015/06/26/onde-xogara-fabricio/), mais repasaremos a situación doutros xogadores :

Pablo Insua : Defensa central : 21 anos : Coa chegada de Arribas, coa máis que posíbel chegada de Sidnei e estando Lopo tamén nese posto, din que pode saír cedido ao Lugo, pra ter moitos minutos. Todo dependerá da pretempada, aínda que é un xogador moi do gusto de Víctor.

Saúl : Defensa, lateral esquerdo : 20 anos : Fichoullo o Deportivo ao Racing de Santander e deixárono cedido alí ata o remate da tempada. É probábel que volva saír cedido (aínda que non se sabe a que equipo), xa que Víctor quere a 2 xogadores por posto, pra que se lle fai falta xogadores, tirar da canteira; e o seu posto está perfectamente cuberto con Luisinho e Fernando Navarro. Ademais é novo e fanlle falla minutos.

Medunjanin : Díxose que se podía utilizar pra fichar a Lucas Pérez. Xa se verá en que remata iso.

Diego Seoane : Defensa, lateral dereito : 27 anos : Sen contar que xa non é tan novo, a súa situación é moi semellante a de Saúl.

Luis Fernández : Dianteiro : 21 anos : O Tenerife ten interese na súa cesión e o Deportivo non o vería mal, xa que lle permitiría ter minutos e que siga medrando futbolisticamente, porén o xogador dixo que a súa intención é facerse un oco no primeiro equipo e que vai dalo todo na pretempada pra conseguilo. De momento, vai ter que quedar xa que é o único dianteiro que ten o Depor arestora. A opción de que se vaia, non é posíbel ata que se fichen novos dianteiros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s