Fai falla gol

2015021702102280899Pola punta de ataque do Deportivo pasaron nas últimas 2 tempadas un total de 6 xogadores, e ante a ausencia de efectivos nese posto, neste mercado estival ampliarase a lista.

A loita por atopar un dianteiro capaz de garantir un mínimo de goles que faciliten o obxectivo da permanencia leva anos sendo un duro labor prá secretaría técnica da entidade, mais nas últimas 2 campañas este traballo viuse incrementado máis aínda se cabe debido ao “baile” de nomes que desfilaron polo ataque do conxunto branquiazul.

Na consecución do último ascenso, Fernando Vázquez arrincou o campionato con só 2 xogadores específicos pra esa posición: Luís Fernández e Borja Bastón. A inexperiencia do canteirán que pasou de xogar en Terceira co Fabril a estrearse na Segunda división e as rachas de seca co gol de Borja fixeron necesario traer reforzos no inverno, e aterraron na Coruña Diego Ifrán e Toché. O uruguaio e o murciano lograron anotar catro tantos na súa conta particular, mentres que pola súa banda, Fernández terminou a Liga con cinco goles e o máximo goleador foi Bastón, con dez.

Tralo ascenso, só continuou Toché na nave deportivista, e de feito foi o único dianteiro puro co que iniciou a Liga Víctor Fernández. Contratouse no peche do mercado estival ao portugués Hélder Postiga, e tiveron tamén algúns minutos como referencia atacante o coruñés Lucas Pérez e Ivan Cavaleiro. A evidente falta de gol dos herculinos fixo necesario reforzar ese posto, e no mes de xaneiro contratouse a Oriol Riera. O Pichichi deportivista foi Lucas Pérez con 6 goles, mentres que Toché e Oriol fixeron 4 tantos.

Prá nova tempada, parece que só Oriol Riera repetirá como dianteiro centro branquiazul. Toché e Hélder Postiga non seguirán en Riazor, e haberá que agardar pra ver que acontece con Luís Fernández, que fará a pretempada co Deportivo trala súa cesión ao Lugo. Polo tanto, e como mínimo, agárdase a chegada dunha cara nova na punta de ataque que permita afrontar con garantías o segundo ano consecutivo dos galegos en Primeira División.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s