Despedíse Lucas Pérez do Deportivo. Temporalmente?

lucas378O futbolista coruñés regresa ao PAOK e agradeceu aos seareiros do Deportivo o apoio recibido a pasada tempada a través das redes sociais.

Lucas Pérez fixo as maletas rumbo a Grecia. O PAOK chamou ao xogador, que terá que presentarse a vindeira terza feira pra comezar a pretempada. Mentres, nos despachos segue en marcha a negociación entre o conxunto heleno e o Deportivo. Como apunta La Voz de Galicia, os coruñeses ofrecen 1,5 millóns de euros a pagar en 3 prazos. O problema, o PAOK solicita 2,5 millóns remitíndose ao pactado o ano pasado na cláusula de compra.

A citada cláusula expira a finais de mes, co que o 1 de xullo o PAOK poderá negociar con calquera interesado sen que o Deportivo teña dereito a réplica. Ademais, a partir dese día, o PAOK poderá pedir todo o diñeiro que queira (crese que poderían ser 5 millóns de euros, o dobre do que piden arestora). Sendo así, normal que o PAOK non queira baixar dos 2,5 millóns de euros. Aínda que, dende o Deportivo, cren que o PAOK quere quedarse con Lucas Pérez pra xogar a segunda fase previa da Champions, xa que aínda non lles deu tempo de facer un plantel de calidade, e é probábel que non lles dea tempo antes desa data.

Así as cousas, a Lucas Pérez non lle quedou máis remedio que facer as maletas e emprender a viaxe a Salónica onde deberá solicitarlle en persoa ao equipo que ten os seus dereitos que o deixen marcharse ao Deportivo. O PAOK xa dixo que pra pór facilidades con Lucas Pérez, queren escoitar a súa versión en persoa e que lles pida irse.

Tanto en Facebook como en Twitter, Lucas Pérez agradeceu aos seareiros do Deportivo o apoio recibido. “Chega o momento da despedida e regreso a Grecia coa fin das miñas vacacións. Volvo ilusionado ao PAOK e agradecido ao Deportivo por un ano inesquecible. Moitas grazas aos seareiros do Depor polo voso apoio. Deséxovos moita sorte”. Trátase dun adeus ou dun simple ata logo?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s