Ivan Cavaleiro e Hélder Costa soan pró Mónaco

helder_costa_e_ivan_cavaleiro_deportivo_corunha_festejam_golo.artigoIso din nos xornais portugueses. Ao parecer, o traspaso dos 2 futbolistas custaría preto de 15 millóns de euros, aínda que Hélder Costa podería ir cedido.

Os dous pertencen ao Benfica, os dous son mediocampistas e os dous xogaron esta tempada no Deportivo, aínda que Ivan Cavaleiro xogou toda a tempada no Deportivo e Hélder Costa xogou dende xaneiro.

Ivan Cavaleiro foi un dos xogadores máis importantes esta tempada do plantel do Depor e sendo un dos xogadores habituais entre os titulares, chegando a xogar 34 partidos e metendo 3 goles. En canto a Hélder Costa, esta tempada xogou 23 partidos e meteu 7 goles co Benfica B e no Deportivo xogou 6 partidos (139 minutos) e non chegou a meter un gol.

Hai rumores que din que o Mónaco ficharía a Ivan Cavaleiro, e deixaríao cedido no Deportivo. Haberá que agardar pra ver que pasa finalmente. Dos dous agárdase moito e teñen moito que mellorar, xa que aínda teñen 21 anos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s