Así é Alejandro Arribas

arribas 2Unha das persoas que mellor coñece a Alejandro Arribas dentro do mundo do fútbol é Pablo López. Da súa man, percorremos o camiño que desenvolveu este central ata a súa chegada ao Deportivo da Coruña.

A carreira de Arribas arrincou no Raio Majadahonda, un equipo madrileño con moi boa tradición de canteira. Alí coincidiu con Pablo López, responsábel durante moitos anos de toda a canteira de Majadahonda. Alejandro completou tódalas etapas ata chegar ao primeiro equipo. Á hora de sinalar un momento importante na formación de Arribas, Pablo López teno claro: “No seu primeiro ano como xuvenil el estaba convencido de que ía chegar ao fútbol profesional e pediume que me convertese no seu adestrador persoal. Falámolo coa súa familia e así foi. Cando remataba os adestramentos co seu equipo quedabámonos nas instalacións. Estaba obsesionado con mellorar. Quería golpear o balón con ambas pernas, aprender colocación, mellorar a saída do balón desde atrás. Esa gran convicción e a súa mentalidade gañadora foron moi importantes naquela época”.

Pablo López converteuse 2 anos máis tarde en adestrador do primeiro equipo e fixo debutar ao aínda xuvenil Alejandro Arribas. “Cumpriu á perfección e os filiais de Getafe, Atlético e Raio preguntaron por el. Tras pensalo e decidilo coa familia decidiu chegar ao Raio pra intentar dar o salto ao primeiro equipo. Completou unha tempada magnífica e a chegada de Sandoval, o seu técnico no filial, o primeiro equipo propiciou o salto definitivo”.

Logo chegou o salto a Osasuna, que lle prometeu un rol importante no equipo. Foi titular indiscutible mais o descenso do equipo obrigoulle a buscar unha saída. “Tivo propostas interesantes de equipos moi importantes. El quería xogar nun club importante pra intentar chegar á Selección. Emery falou con el e asinou un contrato importante co conxunto hispalense”. Porén, a súa aventura en Sevilla non resultou moi positiva no deportivo. Comezou con oportunidades mais logo perdeu o seu sitio e unha inoportuna lesión desterrou calquera opción de ser un xogador importante.

Pablo López cre firmemente no seu pupilo e amigo Alejandro Arribas. “A opción do Depor pode ser moi interesante pra el. É un central moi rápido, cun gran dominio do xogo aéreo e unha gran colocación nas accións de estratexia. Necesita continuidade e un equipo no que xogue 30 partidos como titular pra recuperar sensacións. Con esa confianza e nun lugar como A Coruña, creo que Arribas pode ser un home moi importante, polo seu xeito de crer e ver o fútbol.”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s