Onde xogará Fabricio?

Fabricio+Agosto+Fabri+Real+Madrid+CF+v+RC+Rsyao7gFg7clTras un final de tempada cheo de rumores, as semanas seguen pasando sen que haxa novidades sobre a súa posible renovación ou sobre algún traspaso que o afaste da Coruña.

Que Fabricio Agosto é un dos xogadores do Deportivo máis valorados e cotizados non é ningunha novidade, e a súa gran tempada e as súas boas actuacións non pasaron desapercibidas pra equipos de maior poderío económico cá entidade coruñesa. Dende a Praza de Pontevedra, coñecedores desta situación, puxeron enriba da mesa unha oferta de renovación ao meta canario dende fai meses, mais polo momento, descoñécese onde estará o porteiro a vindeira campaña.

O gardameta non se cansou de reiterar en diferentes conferencias de prensa que o conxunto branquiazul era a súa primeira opción, mais o certo é que os rumores sobre a chegada de ofertas de gran envergadura pró xogador poderían complicar a súa continuidade baixo os paus de Riazor. Así, distintos medios fixéronse eco dun suposto interese en España de equipos coma o Valencia ou o Villarreal, e tamén doutros estranxeiros como o Everton ou o Aston Villa.

O adestrador do equipo galego, Víctor expresou á directiva o seu desexo de que a situación de Fabricio se resolvese canto antes, pra tratar de atopar un substituto de garantías no caso de que o futbolista non aceptase a proposta de renovación e o Deportivo tomase a decisión de vendelo. No caso de que non se producise ningunha das dúas alternativas, o arqueiro podería seguir vestindo a elástica herculina unha campaña máis, mais sería libre de negociar a súa saída coa carta de liberdade debaixo do brazo tralo final da vindeira tempada 2015-2016.

Cando acababa de subir ao primeiro equipo do Deportivo, foise pra conseguir minutos, que chegaron a medias, e iso fixo que acabase volvendo ao Depor. Agora ten tódolos minutos que queira e é titular indiscutible, mais agora pódese ir, non por minutos, senón por cartos, e aí a entidade coruñesa pouco pode facer.

Advertisements

One thought on “Onde xogará Fabricio?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s