Manu Mosquera, mellor adestrador de Terceira

manu_mosqueraA Asociación de Clubs Galegos de Fútbol recoñece a Manuel Mosquera como o mellor técnico de Terceira División durante a campaña 2014-2015 e hoxe faralle entrega do Trofeo José Luís Vara.

Hoxe celebrarase VINA Gala organizada pola Asociación de Clubs Galegos de Fútbol (ACGF) en conxunto co programa da Radio Galega “Galicia en Goles”, na que se fará entrega dos premios ACGF da tempada 2014-2015. Nela, e malia non ser capaz de ascender o filial do Deportivo, Manu Mosquera será recoñecido como mellor adestrador de Terceira División polo seu bo facer á fronte do conxunto herculino.

O acto celebrarase o 26 de xuño ás 20.30 na sala Obradoiro do Palacio de Congresos e Exposicións de Galiza en Santiago de Compostela, e o adestrador coruñés recibirá o Trofeo José Luís Vara que o acredita como mellor técnico da súa categoría. O adestrador, que chegou a Abegondo procedente do Laracha, seguirá polo menos un ano máis como preparador fabrilista durante o vindeiro campionato.

Con el, o filial branquiazul logrou finalizar a tempada regular como segundo na táboa, só superado polo líder Pontevedra. Devandita posición permitiu aos coruñeses disputar a fase de ascenso a Segunda División B, aínda que finalmente non foron capaces de superar a eliminatoria ante o San Pedro. Aínda así, o bo labor desempeñado por Mosquera non pasou desapercibida, e este premio é un recoñecemento ao seu bo papel como fabrilista.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s