Plantel do Deportivo 2015 : os cedidos que volven

17 septiembre 2013 Fútbol Segunda División Entrenamiendo del Deportivo en Abegondo

Hai 3 cedidos que volven ao Depor :

Diego Seoane : Defensa, lateral dereito : 27 anos : Xogou dende xaneiro cedido no Lugo. Esta tempada non xogou ningún partido co Depor antes de ir cedido e despois, xogou 9 partidos no Lugo. Agora que volve ao Deportivo, tería que competir con Laure e Manuel Pablo. Tamén pode xogar de lateral esquerdo, se fai falta.

Saúl : Defensa, lateral esquerdo : 20 anos : Fichoullo o Deportivo no mercado de inverno deste ano ao Racing de Santander, e deixouno cedido alí durante esta tempada, ata o remate desta. Agora que vén ao Depor, tería que competir con Luisinho e Fernando Navarro.

Luis Fernández : Dianteiro : 21 anos : Nado en Burela, polo tanto é galego e é un xogador a canteira do Depor, mais este ano estivo xogando no Lugo en calidade de cedido, metendo 5 goles en 25 partidos. De momento, é o único dianteiro do Depor, xa que Toché e Hélder Postiga aínda non renovaron e, malia que se está falando de que Oriol Riera vai vir dentro de pouco e outros dianteiros que interesan, de momento non hai nada oficial.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s