Dani Aranzubía retírase

n_deportivo_de_la_coruna_aranzubia-601142Dani Aranzubia retírase. O exdeportivista anunciou, nunha entrevista na radio, a súa decisión de colgalas luvas aos seus 35 anos e tras unha tempada na que estivo sen equipo. O porteiro de Logroño abandonou o Deportivo no verán de 2013 pra fichar polo Atlético de Madrid. A razón diso foi que cobraba 2 millóns no Deportivo e, tras o segundo descenso do Depor, dixéronlle que pra quedarse tiña que rebaixarse o soldo, cousa á que o porteiro dixo que non, e foise ao Atlético pra seguir gañando o mesmo. Porén, o bo estado de forma de Thibaut Courtois impediu que o exherculino se fixese cun posto na portería colchoeira e rematase marchándose do Atlético ao finalizar a pasada campaña.

Como branquiazul, o gardameta disputou 140 partidos en Primeira División e foi dende a súa chegada en 2008 un indiscutible pra tódolos seus adestradores. As súas boas actuacións foron sempre recoñecidas pola afección coruñesa e mostra diso son os tres Premios Riazor.org que o internacional recibiu tras ser elixido o mellor xogador do equipo. En total, foron 5 as tempadas que o xogador da canteira do Athletic Club pasou na Coruña, nas que tivo tempo tamén para marcar un gol de cabeza fronte ao Almería.

Debutou no Athletic de Bilbao na tempada 2003/2004, xogando 2 partidos na súa primeira tempada. Estivo alí outras 5 tempadas e xogando un total de 95 partidos, antes de marchar ao Deportivo. No Deportivo xogou outras 5 tempadas (4 en Primeira e 1 en Segunda), xogando 151 partidos cando o Depor estaba en Primeira e 189 partidos, se contamos a tempada en Segunda. Na súa última tempada no Atlético de Madrid, xogou 5 partidos.

Coa selección española, xogou 1 partido (media hora) contra Andorra o 5 de xuño do 2004. Foi convocado á Eurocopa 2004, aínda que non chegou a xogar.

Ademais, foi campión do Mundial sub-20 de 1999 e medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000, sendo o porteiro titular nas 2 competicións.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s