Pascal Wehrlein lidera un longo primeiro día de probas despois do GP de Austria 2015

xxxx during final practice for the Formula One Grand Prix of Austria at Red Bull Ring on June 20, 2015 in Spielberg, Austria. Xornada moi longa a de onte en Austria. Os equipos completaron o primeiro día de probas no circuíto do Red Bull Ring, na localidade de Spielberg. Durante a mañá, as fortes chuvias torrenciais que afectaron a zona impediron o desenvolvemento da sesión, cunha bandeira vermella que estivo máis de 4 horas. Mais na xornada vesperal, con 2 horas extras para compensar a ausencia matutina, serviulles aos equipos para acumular os primeiros quilómetros de proba, que converteron a xornada da tarde en moi intensa e frenética.

A sesión comezou cunha mañá moi atípica e aburrida. Dende primeira hora unha forte fronte de chuvias cruzou Austria enteira, polo que afectou de cheo a localidade de Spielberg. Durante a primeira hora da mañá só 2 pilotos saltaban a pista con pneumáticos de chuvia extrema: o Ferrari de Antonio Fuoco e o McLaren de Stoffel Vandoorne. Os dous facían unha soa volta de instalación e volvían ao box para non volver saír en toda a mañá. Dende as 9:45 a pista quedaba pechada baixo réxime de bandeira vermella, a cal non se iría ata despois do descanso para xantar. Entre esas horas os pilotos encerrábanse nos seus box ou os seus motorhoms, mentres algúns equipos facían axustes aos monoprazas.

Non sería ata o mediodía cando pararía de chover, e pese a un ceo cuberto, deixaba de descargar. Iso facía que a bandeira verde volvese á pista, e que aos poucos fosen saíndo todos os pilotos. Inicialmente saíron todos, agás Marciello e Wehrlein, comenzando a dar voltas coas gomas de chuvia extrema e uns tempos moi altos. A medida que ían pasando as horas, a pista íase secando ata o punto de que os intermedios collían a substitución para rebaixar aínda máis os tempos. Foi entón cando saltou a pista o Mercedes, e volta tras volta íanse rebaixando os tempos, nunha situación parecida á da Q1 do sábado anterior. Chegados a este punto, os equipos xa ían recollendo bastante información, aínda que sen ser significativa con pista húmida. Destacaban algunhas innovacións técnicas como un ‘monckey seat‘ diante a roda traseira do Williams e unhas entradas de aire no morro do Force India de Ocon, as cales desataron moitos comentarios e análises polas redes sociais entre os seareiros e expertos.

A chuvia ía deixando tregua, con algúns intres de sol, o que favoreceu á pista para que se acabase de secar. Foi entón cando os pneumáticos de seco reapareceron no Red Bull Ring, con algúns pilotos montando os superbrandos e outros os brandos. Inicialmente os tempos íanse rebaixando volta tras volta, pero chegou un tope dentro do 1:11, no cal quedáronse 7 dos 9 pilotos participantes. Tras varias tentativas rebaixadas unha tras outra, Max Verstappen estabeleceu un gran tempo que parecía que non ía ser máis rebaixado, encima feito con brandas. Agora ben, Esteban Ocon coas superbrandas puido estabelecer un tempo máis baixo aínda, sorprendendo a algúns. Pese a iso, Mercedes sempre está enriba esta tempada, e Pascal Wehrlein non perdoou cos superbrandos para marcar o definitivo 1:11.005, que queda moi lonxe do tempo da pole de Hamilton que fixo o sábado.

Tras marcar os mellores tempos, algúns pilotos seguiron facendo series longas ou medias, sen buscar xa a volta máis rápida. Porén, algúns pilotos decantáronse por series curtas para probar novidades. Finalmente, a falta dunha hora para o final, a chuvia reapareceu de forma lixeira e suave en Spielberg, mollando de novo o asfalto. Eran as sete da tarde, e é que lembremos que os equipos e os comisarios de pista acordaron 2 horas extras para compensar o tempo perdido pola mañá.

Nesa última hora, baixo a lixeira parrumada, algúns pilotos afoutos saltaron á pista con intermedios para acabar de espremer este longo día de proba. Entre eles os máis activos foron Ocon, Verstappen, Wehrlein ou Wolff nos últimos minutos. Antes diso, horas antes, Antonio Fuoco co Ferrari era o máis activo, ata que con pneumáticos de seco perdía o control do SF15-T na primeira curva, e acababa chocando contra o muro, rompendo o frontal e acabando a sesión prematuramente.

Desta forma Wehrlein lidera a proba con Mercedes, sen ter en conta os tempos, os alemáns rodaron menos do habitual. Mañá volverá, en principio, co coche de Force India, o cal terminou tras el na xornada de hoxe, tendo ao volante un excelente Esteban Ocon, que segue progresando de xeito espectacular. En terceiro posto pechou o día Max Verstappen, co Toro Rosso, que segue mostrando un gran ritmo baixo chuvia ou condicións adversas. Fuoco co Ferrari mantívose cuarto antes do susto. En quinto lugar terminou Romain Grosjean, sexto Pierre Gasly co Red Bull, que tamén fixo unha gran actuación , sétimo a un segundo o Sauber de Raffaele Marciello, oitavo o McLaren de Stoffel Vandoorne, que acumulou 70 boas voltas para o desenvolvemento do coche e do motor, e finalmente, en último lugar, o Williams de Susie Wolff, que mostrou un bo ritmo en condicións de pista húmida, ao final da sesión.

Resultados ao término do primeiro de probas :

Pos. Piloto Equipo Tempo Voltas
1. Pascal Wehrlein Mercedes 1:11.005 65
2. Esteban Ocon Force India 1:11.192 72
3. Max Verstappen Toro Rosso 1:11.328 97
4. Antonio Fuoco Ferrari 1:11.331 71
5. Romain Grosjean Lotus 1:11.691 45
6. Pierre Gasly Red Bull 1:11.757 73
7. Raffaele Marciello Sauber 1:11.826 53
8. Stoffel Vandoorne McLaren 1:12.530 73
9. Susie Wolff Williams 1:13.248 35
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s