O que non todo o mundo sabe

contratodetrabajoTrátase das renovacións do Deportivo. Fai pouco renovaron a Lopo e a Manuel Pablo, mais hai varios xogadores que rematan contrato (o 30 de xuño do 2015) e que non se renovaron. Trátase dos seguintes:

Issac Cuenca : Extremo : Nin o club nin o xogador teñen intención de renovar, así que é probábel que marche. Dise que o Benfica está interesado en contratalo. Chegou ao Depor como fichaxe estrela e sendo un dos máis cobraban, mais acabou suplente.

Hélder Postiga : Dianteiro : Tamén chegou ao Depor como fichaxe estrela e sendo un dos que máis cobran, mais as lesións fixeron que se perdera parte da tempada. Este ano caracterizouse pola súa falta de gol (2 goles en 16 partidos). Remata contrato dentro duns días e non hai novas sobre a súa renovación, nin está convocado para a concentración coa que se dará comezo á  pretempada, co cal é posíbel que marche.

Toché : Dianteiro : Chegou ao Depor en xaneiro de 2014, e meteu 8 goles en 37 partidos. Non hai novas sobre a súa renovación e remata contrato dentro duns días, así que pode ser que marche.

Wilk : Mediocampista : Fichou polo Depor na tempada 2013/2014. Este ano xogou 12 partidos (11 na Liga e 1 na Copa do Rei), co cal non foi un dos xogadores máis destacados esta tempada. Remata contrato dentro duns días e tampouco hai novas sobre a súa renovación, así que non se descarta que marche.

Juan Carlos : Mediocampista : Este caso é distinto dos outros xogadores. Rescindiu contrato co Deportivo en xaneiro deste ano para irse ao Tenerife, mais o Depor ten unha opción de recuperación que pode executar antes do 30 de xuño do 2015, aínda que non parece que vaia facelo, co cal quedaría desvinculado do Deportivo definitivamente. É coruñés e xogou na canteira do Deportivo. Esta tempada xogou 4 partidos co Depor antes de marchar ao Tenerife, no que xogou 19 partidos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s