Nico Rosberg remata as probas de Austria sendo o máis rápido

001_small 2O segundo e último día de probas en Austria tivo moita máis actividade en pista que a xornada anterior (sobre todo pola tarde), sendo Valtteri Bottas o único piloto que non superou as 100 voltas sobre o trazado de Spielberg. Nico Rosberg foi o máis rápido da xornada, parando o tempo en 1:09.113 cos pneumáticos superbrandos, con 8 décimas de vantaxe sobre o Ferrari de Esteban Gutiérrez. O piloto mexicano recuperouse dun lento inicio de sesión completando finalmente 110 voltas e escalando ata a segunda posición da táboa de tempos.

O terceiro na clasificación foi Valtteri Bottas, seguido do campión do DTM Marco Wittmann, quen pilotou para Toro Rosso completando un total de 158 voltas sen sufrir ningún problema. O seguinte na clasificación foi Pascal Wehrlein aos mandos do Force India, quen logo de pilotar a terza feira para Mercedes, acumula case 200 voltas e un fantástico quilometraxe para a súa aprendizaxe.

McLaren recupérase e o Red Bull incéndiase

Fernando Alonso comezou a mañá con mal pé, podendo completar tan só 17 voltas antes da pausa para o xantar. Porén, o piloto español puido realizar avaliacións dalgunhas partes despois de que as actualizacións orixinais do seu coche fosen danadas no accidente que sufriu na pasada carreira de Austria, polo que finalmente o español rematou completando un total de 104 voltas. Para o equipo McLaren os tempos foron pouco importantes posto que o equipo decidiu centrarse principalmente no traballo aerodinámico e mellorar a súa fiabilidade.

Pola mañá tardou case unha hora en saír á pista e apenas deu varias voltas seguidas co novo morro que estreou fai uns días. Iso quere dicir que o traballo dos seus mecánicos foi ímprobo dende que recolleron o coche esnaquizado da pista o domingo, despois de que Kimi provocase o accidente que o deixou fóra na primeira volta.

Mentres Vandoorne tivo que rodar onte co chasis ‘A’ de Button, Fernando fíxoo xa co ‘B’, máis lixeiro e co morro curto e o resto de pezas novas que non son intercambiables coa antiga versión do MP4-30. Os datos de hoxe poden ser vitais para o desenvolvemento do monopraza de final de tempada.

Fernando regresou ao garaxe varias veces por diferentes motivos, con longas estadas no box.

Daniel Ricciardo foi o responsábel da bandeira vermella do final da tarde cando o seu Red Bull detívose ao final da rúa de boxes botando fume. A sesión tivo que ser suspendida durante 10 minutos mentres se volvía a levar o monopraza ata o seu garaxe. O piloto australiano terminou oitavo, con 116 voltas feitas, mentres que Felipe Nasr pechou a clasificación a algo menos de 2 segundos do tempo de referencia marcado por Nico Rosberg.

Clasificación da proba de Austria, día 2:
1. Rosberg (Mercedes), 1:09.113 (117 voltas)
2. Gutiérrez (Ferrari), 1:09.931 (110)
3. Bottas (Williams), 1:10.029 (79)
4. Wittmann (Toro Rosso), 1:10.103 (150)
5. Wehrlein (Force India), 1:10.253 (132)
6. Palmer (Lotus), 1:10.373 (110)
7. Fernando Alonso (McLaren), 1:10.718 (104)
8. Ricciardo (Red Bull), 1:10.757 (116)
9. Nasr (Sauber), 1:10.922 (133)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s