McLaren xa teme que o atraso desta tempada afecte a 2016

1435146743_extras_noticia_foton_7_1O director deportivo de McLaren, Eric Boullier, teme que os problemas de fiabilidade e rendemento que está sufrindo o equipo esta tempada poidan afectar ao desenvolvemento do coche para 2016.

Boullier admitiu que o atraso acumulado esta tempada pronto comezará a ter un impacto nos seus plans para 2016. “Non estou seguro de que isto teña moito impacto no vindeiro ano, aínda non, mais pronto -moi pronto o terá”, dixo Boullier.

Ao francés preocúpalle, sobre todo, a descomunal falta de voltas que arrastra o equipo debido ás continuas avarías e abandonos en carreira, como os últimos de Alonso e Button no Gran Premio de Austria. “Este ano perdemos unha gran cantidade de tempo na pista, sobre todo nas probas de inverno e nas carreiras. Calquera volta que se perda, obviamente, é un déficit, ti xeras o teu propio déficit”, explicou o francés.

O xefe de McLaren insistiu en que o principal problema do equipo é a fiabilidade e recoñeceu que o rendemento xa non é a prioridade. “Quizais teriamos que cambiar o enfoque. Ás veces temos que usar o tempo de pista pra traballar na fiabilidade en lugar do rendemento”, declarou Boullier.

Malia os problemas e a lóxica preocupación, Boullier pediu paciencia e asegurou que o MP4-30 ten potencial pra conseguir mellores resultados. “Estamos tratando de aproveitar tódalas oportunidades. Temos moito que ofrecer nas vindeiras carreiras, mais temos que facelo ao seu debido tempo”, sinalou.

Na súa opinión, o obxectivo segue sendo loitar por algunha vitoria antes de que remate a tempada. “Debemos seguir esforzándonos por conseguir a vitoria na segunda metade da tempada e o vindeiro ano. Intentarémolo e traballaremos moi duro”, prometeu.

“Non temos ningún prazo pra conseguilo. Estamos na Fórmula 1 para o futuro, prometémolo”, engadiu o francés.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s