Sidnei seguirá no Deportivo

sidneiA falta de confirmación oficial, Sidnei seguirá no Deportivo. Sidnei foi un dos titulares habituais a tempada pasada na que xogou 32 partidos na Liga, mais non era un xogador que tiña en propiedade o Depor, xa que estaba cedido polo Benfica. Onte o Benfica e o Deportivo estiveron conversando polo xogador e case chegan a un acordo, porén uns pequenos flocos impediron pechar a fichaxe de Sidnei polo equipo coruñés e, por iso, hoxe continuarán as negociacións.

O Deportivo quere pechar a fichaxe de Sidnei canto antes xa que tamén están interesados nese xogador outros equipos da Liga española e, iso fai que o Depor estea facendo un grande esforzo por incorporalo. Ademais, Víctor quere ter a case todos os xogadores que van xogar esta tempada no Deportivo nos primeiros días da pretempada, para preparar ben o comezo da Liga.

Predisposición do xogador

Dende hai meses, o brasileiro manifestou tanto á sociedade de Jorge Mendes como ao Benfica e ao Deportivo que a súa intención era continuar na Coruña, polo menos, unha tempada máis. E con esta vantaxe e a disposición do club lisboeta a negociar a súa marcha, os coruñeses iniciaron as conversacións.

Despois de militar medio ano no Espanyol e un no Depor, Sidnei está a 6 meses de conseguir a dobre nacionalidade, que lle permitiría non ocupar praza extracomunitaria de cara ao exercicio 2016-2017, momento no que se revalorizaría. Por este motivo, sempre tivo claro que, fora ou non na Coruña, o seu futuro estaba en España.

Nese intre, el podería negociar un contrato mellor noutro equipo europeo, principalmente en Inglaterra, e a entidade que o tivera en propiedade estaría en condicións de recuperar o invertido e mesmo obter unha plusvalía.

O regreso de Sidnei ao Deportivo suporía unha dobre inxección para o club. Por un lado, Víctor contaría no equipo cun futbolista que este ano se mostrou como un dos mellores centrais da Primeira División. Por outro, a entidade que preside Tino Fernández aseguraríase un valor de presente, pero tamén de futuro, xa sexa para mantelo no equipo ou para un importante traspaso. Aos seus 25 anos, o brasileiro é unha peza degoada e de aí que as negociacións co Benfica fosen complicadas dende o inicio.

A entidade lusa, que estaba disposta a ceder nos prazos, quere asegurarse unha porcentaxe da plusvalía no que a un futuro traspaso se refire.

A pesar das dificultades, a súa chegada debería ser inminente. Só un cambio radical na madrugada pasada ou nas próximas horas, podería provocar que o acordo rompese.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s