En Riazor vai coller menos xente

Estadio_RiazorConcretamente, perderá 548 localidades (272 no Pavillón Superior e 276 no Marathón Superior). O club anunciou que nas próximas horas porase en contacto cos 361 socios afectados pola nova estrutura e ofreceralles alternativas de situación no estadio e, así, poder proceder a súa recolocación.

A razón disto será a instalación de 2 videomarcadores para a vindeira tempada, por iso, o proxecto xa está en marcha co obxectivo de que as pantallas estean dispoñíbeis cando comece a tempada.

O proxecto consiste na instalación da estrutura de suxeición e no cambio de pantallas. En cada un dos fondos instalarase unha pantalla LED de máis de 100 metros cadrados, apoiada nunha estrutura construída especificamente para adaptarse ás características do estadio. Deste modo, os videomarcadores deixarán de estar suspendidos no teito dos fondos de Riazor para pasar a estar integrados nas últimas filas centrais de cada unha das bancadas superiores de Marathón e Pavillón.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s