David Gómez podería seguir medrando en Andalucía

18600546735_fd32203990_b-1000x500David Gómez, actual gardameta do Fabril, e un dos xogadores máis destacados do filial deportivista esta tempada, está na lista de futuribles do Real Betis BalompiéB“, equipo que militará no grupo IV de segunda división B.

A oferta do equipo hispalense podería incluír dar o salto ao primeiro equipo antes da finalización do propio, en 2017. Tal e como informa “O Correo”, Toño Ruíz, representante do xogador sentouse na mesa para negociar polo seu cliente.

Nos vindeiros días David Gómez debería decidir o seu futuro, aínda que no Deportivo, a diferenza doutros xogadores que non poderán continuar, David si podería facelo xa que aínda ten 21 anos. Na entidade herculina formúlanse a posibilidade de igualar a oferta bética, e así o porteiro podería manterse no equipo que o viu medrar, pois David xa xogou en categorías inferiores ao segundo equipo.

Manuel Mosquera, adestrador do Fabril, pediu á directiva que para a tempada 15/16 se mantivera o bloque de xogadores que se quedaron ás portas do ascenso este ano, e un das grandes esixencias era a continuidade do porteiro, o cal vería con bos ollos quedarse se segue -como fixo este ano- adestrando xunto a Lux e a Fabricio, e se ademais lle aseguran que nun futuro terá a oportunidade de demostrar a súa valía.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s