Actualidade das fichaxes do Deportivo

2013110521243443456Estanse ouvindo moitos rumores ultimamente sobre as fichaxes que vai facer o Deportivo, mais o certo é que de momento só fichou a Fernando Navarro. Vamos repasar a situación dalgúns xogadores que din que poden vir ao Depor, mais non vamos falar de Sidnei nin de Oriol Riera xa a súa fichaxe parece ser inminente :

Lucas Pérez: Mediocampista : 26 anos: Xogou esta tempada no Deportivo cedido polo PAOK e foi o máximo goleador do Deportivo na Liga con 6 goles en 21 partidos. É coruñés e gustaríalle seguir na súa cidade e no Deportivo e, incluso, estaría disposto a rebaixarse o soldo para seguir no Deportivo e, ademais acabou sendo titular en todos os equipos nos que estivo e Depor quéreo. Porén, o PAOK non está pondo doadas as negociacións, xa que pide por el 2,5 millóns de euros e o Depor, aínda que está disposto a facer un grande esforzo para incorporalo, ofrece ao redor de 700.000€. O PAOK dixo que se lles daban esa cantidade, tamén lles tiñan que dar ao bosníaco Medunjanin, se non lles queren dar os 2,5 millóns de euros. As negociacións están en fase avanzada, mais de momento non hai nada oficial e haberá que agardar a ver que pasa. Tamén se dixo que se Lucas Pérez vén ao Depor faríanlle un contrato de varias tempadas, para agradecerlle que non teña ningún problema en rebaixarse o soldo e por todo o que fixo.

Burgui : Mediocampista, media punta : 21 anos : É un xogador do Real Madrid Castela. Sábese que preguntaron pola situación, mais non se sabe se a súa intención era fichalo para o primeiro equipo ou para o segundo, se se puxeron a negociar en serio ou se querían fichalo cedido ou facer un traspaso, aínda que parece ser que o único que fixeron foi preguntar pola súa situación e non parece que fosen a máis.

Adrián López : Dianteiro: 27 anos : Estivo 3 tempadas e media no Deportivo (2006/2007, principios da 2007/2008, 2009/2010 e 2010/2011) e despois foise ao Atlético de Madrid e o Depor conseguiu 5 millóns pola súa venda. Esta tempada, xogou no Oporto, metendo 1 gol en 18 partidos (ningún gol en 9 partidos de Liga, ningún gol en 4 partidos de Copa e 1 gol en 5 partidos de Champions) e xogando 455 minutos. Tamén están interesados nel outros equipos como o Celta e o Betis. Aínda que parece que tampouco avanzou a cousa máis alá de preguntar pola súa situación.

Salomao : Mediocampista, extremo esquerdo : 26 anos : Xogou varias tempadas no Deportivo en calidade de cedido polo Sporting de Lisboa, incluído esta tempada. A causa diso, Salomao xa non pode estar máis tempadas cedido no Depor, e por iso, o equipo coruñés está negociando un traspaso co Sporting de Lisboa ou que o xogador se quede libre para a súa volta ao Deportivo. O xogador, pola súa parte, está negociando o seu desvinculación do equipo luso para asinar definitivamente polo Deportivo. Nunha mostra máis do seu apego pola cidade, o extremo viaxou cara á Coruña para celebrar a noite de San Xoán.

Mosquera : Mediocampista : 27 anos : Xogou nas categorías inferiores do Deportivo, mais cando tiña 12 anos foise ás categorías inferiores do Real Madrid e a tempada pasada xogou no Elche. Ten contrato en vigor, mais se o Elche baixa a Segunda división, quedaría libre, e co cal podería vir a custo cero. Na Praza de Pontevedra teñen claro que queren reforzar esa posición e o coruñés é un dos nomes que están na axenda. De Pedro Mosquera valórase o seu progresión esta tempada ás ordes de Fran Escribá. Consideran que se converteu nun futbolista maduro, competitivo e que pode actuar en varios postos. Pode situarse no dobre pivote, de mediapunta ou ata na banda esquerda como falso interior, como pasou este ano con José Rodríguez con Víctor Fernández ou con Juan Domínguez con Víctor Sánchez do Amo. O certo é que outros veráns tamén se estudou a posibilidade de incorporalo, aínda que nunca houbo unha oferta formal pola súa contratación. Pedro Mosquera é un xogador de exquisita zurda e estaría encantado coa posibilidade de volver á súa cidade. Malia que se foi moi novo á capital de España, sempre que pode regresa á Coruña, onde ten á súa familia e conserva moitos amigos. Esta campaña Mosquera sufriu unha lesión que lle mantivo lonxe dos terreos de xogo 3 meses, mais cando se recuperou volveu ser titular e foi unha das pezas importantes dun Elche que logrou a permanencia no céspede, mais que a perdeu nos despachos.

Edgar Méndez : Mediocampista : 24 anos : Esta tempada xogou no Almería. O equipo coruñés negocia co club andaluz e o propio xogador tinerfeño a súa chegada a Riazor. Edgar participou en 30 partidos de Liga para un total de 1915 minutos esta tempada, nos que anotou catro goles (un deles supuxo a vitoria ante os galegos por 0-1). Ten contrato en vigor co Almería, polo que o Depor debe chegar a un acordo co Almería para a saída dun dos seus futbolistas máis destacados esta campaña. O feito de que os andaluces descendan a Segunda división provoca que haxa moitas posibilidades de que o canario deixe o Almería para seguir competindo na máxima categoría. De tódolos xeitos, os coruñeses non son os únicos interesados nel.

Velázquez : Defensa, central : 21 anos : Para fichar ao uruguaio, o Deportivo tamén deberá pelexarse con varias noivas que ten o central, xa que se trata dun futbolista moi degoado logo da boa tempada que realizou no Xetafe, onde deixou unha grata impresión malia a súa mocidade. O citado Xetafe e tamén o Levante solicitaron a cesión do futbolista. Emiliano Velázquez é un dos xogadores que conta para un futuro non moi afastado no Atlético. No Atlético de Madrid contan con Godín, Giménez e Alderweireld á espera da máis que posible marcha de Miranda. De tódolos xeitos, haberá que ver se o defensa belga acaba formando parte do plantel do Atlético de Madrid. Se Alderweireld resístese a continuar no conxunto colchoeiro, posto que cre que non xogará, o Atlético podería decidir contar xa este ano co defensa uruguaio, co que, loxicamente, as posibilidades de fichalo baixarían moito.

Colotto : Defensa, central : 34 anos : Díxose que o Depor estaba interesado no seu regreso a Riazor, mais acabouno fichando o Club León de México.

Marco Asensio : Mediocampista : 19 anos : Fichouno o Real Madrid en xaneiro, e deixouno cedido no Mallorca ata a fin de tempada. Vai facer a pretempada co primeiro equipo do Real Madrid e a súa intención e deixalo cedido nun equipo de Primeira división. O problema é que ten máis de 20 ofertas de media liga española e tamén ten ofertas estranxeiras.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s